Páxinas
▼
martes, 28 de outubro de 2014
SAMAÍN 2014
A biblioteca agarda por vós, chea de historias monstruosas e personaxes que nos axudarán a enfrentarnos aos nosos medos.
xoves, 23 de outubro de 2014
DONALD EN EL PAÍS DE LAS MATEMÁGICAS
Neste vídeo do pato Donald descubrirás moitas curiosidades sobre a relación das Matemáticas e o mundo.
mércores, 22 de outubro de 2014
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Con motivo desta dasta tan importante, a festa da nosa Biblioteca, o equipo de mestras que traballa nel acordou levar a cabo unha serie de actividades nas que podedes participar:
*A partir do 24 e durante a semana seguinte, o alumnado pode achegarse ao salón de actos e ler para os demáis algún conto, poesía ou canción dos quem están expostos na entrada da biblioteca.
*Facer un "MINICONTO DE MEDO" na plantilla que daremos na biblioteca
*Os cirurxáns de 4ºB vos ensinarán a recompoñer un esqueleto ao estilo dos mellores detectives.
*Cantaremos canción de Samaín e veremos curtametraxes de teeeeeeeerror!
*A partir do 24 e durante a semana seguinte, o alumnado pode achegarse ao salón de actos e ler para os demáis algún conto, poesía ou canción dos quem están expostos na entrada da biblioteca.
*Facer un "MINICONTO DE MEDO" na plantilla que daremos na biblioteca
*Os cirurxáns de 4ºB vos ensinarán a recompoñer un esqueleto ao estilo dos mellores detectives.
*Cantaremos canción de Samaín e veremos curtametraxes de teeeeeeeerror!
martes, 21 de outubro de 2014
AS MATEMÁTICAS
Como este ano o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar...matemático", iremos incorporando diferentes actividades relacionadas con esta materia. Esperamos que vos gusten.
EDUGALIZA |
xoves, 9 de outubro de 2014
luns, 6 de outubro de 2014
CIENCIA QUE CONTA
“7º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta”
Ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.
Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade
–nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos, e unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa.
Prazo para o envío dos traballos: remata o 15 de novembro de 2014
Premios (1º premio categoría: unha tablet).
Máis información na páxina ciencia que conta.
Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría serán publicados nun libro.
Aquí temos aos nosos científicos traballando sobre un planetario elaborado por Nerea de 4ºA