Páxinas
▼
luns, 23 de febreiro de 2015
Día de Rosalía, 24 de febreiro
Homenaxe de Google á nosa admirada poetisa.
Aprende algo máis sobre Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis importante.
A Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega AELG promove a conmemoración o día 24 de febreiro, do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, aniversario do nacemento da autora.
Durante toda a semana ven á Biblioteca e poderás recitar algún dos poemas de Rosalía de Castro. Tamén escoitarás poemas cantados por coñecidos cantantes.
lecturas compartidas
domingo, 22 de febreiro de 2015
FILOMENA DATO
Metidos de cheo na procura de que a Filomena Dato Muruais se lle recoñeza a súa valía como escritora, sempre se atopan amigos de verdade que saben utilizar as verbas adecuadas e dar este recoñecemento.
Xosé Luna Sanmartín, mestre e escritor, comprometido coa sua terra plasmou estas verbas:
O espertar das mulleres. Filomena Dato Muruais
Tamén atopamos este marabilloso libro, "OS POEMAS DO RÍO", con material para traballar na aula
Tamén atopamos este marabilloso libro, "OS POEMAS DO RÍO", con material para traballar na aula
xoves, 19 de febreiro de 2015
DULCINEA NO FILOMENA
Hoxe visitounos a enamorada de Don Quijote, Dulcinea del Toboso. Fíxonos rir coas aventuras do seu valeroso cabaleiro e coa participación do alumnado de 3º e 4º.