Páxinas

mércores, 16 de decembro de 2015

Sesión de contacontos

O Concello agasallounos cunha sesión de contacontos para o alumnado dende 3º curso a 6º.




martes, 15 de decembro de 2015

NADAL NO MUNDO

Así quedou o proxecto, elaborado con toda a información aportada polo alumnado e familias.





 Mira por detrás! hai sorpresa!

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE QUE O TEU PAÍS E O DOS TEUS FAMILIARES APAREZA NESTE MAPA!
Pide unha ficha na biblioteca!


ASÍ SE FIXO:
Preparando a biblioteca para explorar as distintas formas de celebrar o Nadal en todo o mundo:

FICHA DE RECOLLIDA DE DATOS


  

martes, 8 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Esta é a nosa proposta de lectura para este Nadal.
A soñar... cun bo libro!!!!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Mamá Cabra versiona a Carmen Gil en "A Bruxa da Discordia"
Doce poemas de Carmen Gil musicados compoñen a nova proposta de Mamá Cabra. Galaxia presenta, na súa colección Sonárbore, A bruxa Discordia, un libro-CD no que participa como ilustradora Iria Fafián. O novo álbum, que ten como tema principal a paz.        

martes, 1 de decembro de 2015

SUPERMICROSCOPIO CON CÁMARA PARA A BIBLIOTECA

A ANPA do CEIP Filomena Dato hoxe sorprendeunos cos reis por adiantado...
Trouxéronnos un microscopio e unha cámara para poder VER no máis profundo!!!
   
Así se ve utilizando a cámara e o proxector:
    
Adiviñades o que é??
... A pata dunha "chinche".
  
O técnico ensinounos o seu funcionamento:
   
MOITAS GRAZAS!!!


domingo, 29 de novembro de 2015

ADEUS AO MESTRE "XOSÉ NEIRA VILAS"

O "VENRES NEGRO" PARA OS AMANTES DA LITERATURA GALEGA TIVO UN TRISTE SIGNIFICADO. TIVEMOS QUE DICIR ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS...
DESDE A BIBLIOTECA QUEREMOS SEGUIR OS CONSELLOS DO CARRABOUXO:

Atoparedes máis información sobre Xosé Neira Vilas na páxina web da súa fundación:
http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php
NA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR ESTAS OBRAS DE XOSÉ NEIRA VILAS... A MELLOR HOMENAXE É "LELO"