Este ano 2021 foi o elixido como Ano Europeo do Ferrocarril.
Por que? porque os anos europeos, preténdese sensibilizar á opinión pública sobre determinados temas, impulsar o debate e cambiar as mentalidades. En moitos Anos Europeos concédese un financiamento extraordinario para proxectos locais, nacionais e transfronteirizos que aborden o tema ao que estea dedicado ese ano.
Mediante os Anos Europeos, as institucións da UE e os gobernos dos países membros expresan o seu firme compromiso e a súa mensaxe política de que ese aspecto terase en consideración á hora de elaborar futuras políticas. Nalgúns casos, a Comisión Europea pode propoñer nova lexislación sobre ese tema.
Como se crea? A Comisión propón un tema e despois deben aprobalo o Parlamento Europeo e os gobernos dos países da UE.
Listaxe de Anos Europeos
2021 – Ano Europeo do Ferrocarril
2018 – Ano Europeo do Patrimonio Cultural
2017 – Non hai Ano Europeo
2016 – Non hai Ano Europeo
2015 – Ano Europeo do Desenvolvemento
2013-2014 - Ano Europeo dos Cidadáns
2012 – Ano Europeo do Envellecemento Activo
2011 – Ano Europeo do Voluntariado
2010 – Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social
2009 – Ano Europeo da Creatividade e a Innovación
2008 – Ano Europeo do Diálogo Intercultural
2007 – Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades para Todos
2006 – Ano Europeo da Mobilidade dos Traballadores
2005 – Ano Europeo da Cidadanía a través da Educación
2004 – Ano Europeo da Educación a través do Deporte
2003 – Ano Europeo das Persoas con Discapacidade
2001 – Ano Europeo das Linguas
1999 – Ano Europeo contra a Violencia cara ás Mulleres
1998 – Ano Europeo da Democracia Local e Rexional
1997 – Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia
1996 – Ano Europeo da Educación e da Formación Permanentes
1995 – Ano Europeo da Seguridade na estrada e dos Condutores Novos
1994 – Ano Europeo da Alimentación
1993 – Ano Europeo das Persoas de Idade Avanzada e da Solidariedade entre as Xeracións
1992 – Ano Europeo da Seguridade, a Hixiene e a Saúde no Lugar de Traballo
1990 – Ano Europeo do Turismo
1989 – Ano Europeo da Información contra o Cancro
1988 – Ano Europeo do Cinema e a Televisión
1987 – Ano Europeo do Medio Ambiente
1986 – Ano Europeo da Seguridade na estrada
1985 – Ano Europeo da Música
1984 – Ano Europeo para unha Europa dos Cidadáns
1983 – Ano Europeo das Pequenas e Medianas Empresas e da Artesanía
Neste artigo podedes ver o por que da decisión do ferrocarril.
Como propostas en Ourense temos:
No edificio Marcos Valcárcel Hai unha exposicion donada Fernández Pacheco Outeiriño con máis de 4000 pezas.
Páxina web
E o parque dos Carrileiros da Foula onde o Auditorio de San Francisco
A entrada é libre, e se queres dar unha voltiña en tren son 1€ nenos/as e 2€ adultos.