Páxinas

luns, 13 de decembro de 2021

Lecturas Nadal

 Boas,

Presentamos unhas lecturas para este parón do 2021-2022

Neles encontraredes un tríptico creado pola Biblioteca e o Departamento de Dinamización da Lingua Galega sobre unha escolma feita en Galego.



venres, 10 de decembro de 2021

Proposta Arte de decembro

 Propoñemos para decembro facer un Mondrian.

Piet Mondrian ( 1872 - 1944 )

 Piet  Mondrian é un pintor nacido o 7 de marzo de 1872 en  Amersfoort, Holanda. É un dos representantes do movemento  constructivista xunto con  Theo van  Doesburg. O artista comezou a pintar en estilo impresionista na Escola da Haia cara a 1900. Máis tarde pasouse á pintura abstracta e, a partir de 1908, recibiu a influencia de Vincent van  Gogh e do  fauvismo, e a partir de 1911 de  Georges  Braque, Pablo Picasso e o Cubismo.

Os seus cadros máis famosos foron deste tipo:



Atréveste a facer cadrados e rectángulos con liña grosa negra e as cores: branca, encarnada, amarela, negra, azul e se queres gris ou azulado?

De non atreverte, debuxa un neste recuso en liña:  





Tamén podes innovar e dar corda a túa creatividade.