Don Libro quere que deixemos unha mensaxe para celebrar días de Amizade. Para elo hai uns folios cunha forma de corazón para que deixedes a vosa mostra e pasteis de amor que podes colorear e escribir.
Facédeo de maneira anónima, non é preciso poñer quen manda a mensaxe. Si que teredes que poñer para quen a mandades (nome e curso ou traballo) xa que podedes mandar a profes, alumnado, cociñeiras, monitoras, conserxes...
Na carta de Don Libro pon:
"A VALENZÁ 23-01-2023
QUERIDOS NENOS E NENAS!
QUE TAL O COMEZO DO ANO? ESPERO QUE TODOS E TODAS ESTEADES BEN E EMPEZARADES CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER E DE PASALO XENIAL NO COLEXIO.
ESCRÍVOVOS ESTA CARTA PARA PRESENTAROS UNHA ACTIVIDADE QUE LEVAREMOS A CABO DURANTE PARTE DO MES DE XANEIRO E FEBREIRO.
CHÁMASE "MENSAXES DE AMIZADE".
NA CLASE, TEREDES UN/UNHA AMIGO/A, AO QUE LLE DEBEREDES DECIR ALGO BONITO NUNHA MENSAXE DE AMIZADE. O/A VOSO/A MESTRE/A AXUDARAVOS A QUE CADA UN TEÑA O SEU AMIGO/A INVISIBLE.
MANTÉDEO EN SEGREDO! ADEMAIS DO VOSO AMIGO/A INVISIBLE DA CLASE, PODEREDES ESCRIBIRLLE A OUTRAS PERSOAS DO COLEXIO. NA ENTRADA DO COLE VEREDES UN BUZÓN ONDE PODEDES DEIXAR AS MENSAXES QUE ESCRIBISTES A AQUELAS PERSOAS ÁS QUE LLE QUEREDES DICIR ALGO BONITO, CARIÑOSO, AMABLE...
EU ENCARGAREIME DE REPARTIR TODAS AS MENSAXES O DÍA 14 DE FEBREIRO.
NON OLVIDEDES POÑER A QUEN VAI DIRIXIDA E ESCRIBILO BONITO, CON BOA LETRA, SEN FALTAS DE ORTOGRAFÍA, ETC. SEGURO QUE LLES ENCANTARÁ!
ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN AO ESCRIBIR E AO RECIBIR AS MENSAXES!
UNHA APERTA MOI FORTE
DONLIBRO"
Tedes ate o 14 de febreiro.