Páxinas

domingo, 31 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 A BIBLIOTECA COLABOROU CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA EMISIÓN DUN PROGRAMA DE RADIO. 

DITO PROGRAMA CONSISTÍA NUNHA HIPOTÉTICA ENTREVISTA A FAMOSA ESCRITORA. 



DÍA INTERNACIONAL DA AUGA

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA, ORGANIZADOS POLA BIBLIOTECA, ADICARON UNHA CANCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL TITULADA "AGUA ES" PARA VISIBILIZAR A IMPORTANCIA QUE TEN A AUGA PARA AS NOSAS VIDAS, EN TODAS AS FORMAS QUE A PODEMOS ATOPAR E, PRINCIPALMENTE, QUE NON PODEMOS MALGASTALA.



DÍA DO TEATRO

 O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CENTRO PREPAROU UNHA OBRA DE TEATRO, CONTANDO PARA ELO COA COLABORACIÓN DE MESTRES, MESTRAS, ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO DE PRIMARIA. 

A OBRA DE TEATRO SIMULABA UNHA CLASE DE PRIMARIA ONDE OS ALUMNOS E ALUMNAS (representados por mestres e mestras) ESTABAN ALGO DESPISTADOS. O MESTRE, A DIRECTORA DO CENTRO, A INSPECTORA DE EDUCACIÓN, O CONSERXE, UN PAI  E INCLUSO A GARDA CIVIL INTENTABAN POÑER UN POUCO DE ORDE (papeles representados por alumnos/as).

A OBRA ÍA DIRIXIDA AO ALUMNADO DE SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.




SEMANA DA PRENSA

 DENDE A BIBLIOTECA DURANTE A SEMANA DO 4 AO 8 DE ABRIL,  NOS RECREOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO TRABALLARON CON PRENSA ESCRITA.

CADA CURSO TIVO QUE BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE DIFERENTES SECCIÓNS DO XORNAL: PASATEMPOS, CULTURA, POLÍTICA...




DÍA DA PAZ

 PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ A BIBLIOTECA DO CEIP "FILOMENA DATO"  ORGANIZOU UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS.

CONTAMOS CON DOUS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS, DOUS ALUMNOS DE SEXTO DE PRIMARIA, GONZALO E ADRIÁN

O CONTO ÍA DIRIXIDO A TODO O ALUMNADO DE INFANTIL E TITÚLASE "A VIAXE DAS BOLBORETAS".