Páxinas

mércores, 30 de abril de 2025

Temos unha gran noticia que comunicar, a biblioteca do noso centro está lista para recibir a toda a comunidade educativa.

Despois de moito traballo e libros colocados con mimo, por fin poderemos desfrutar dun espazo pensado para ler, aprender, descubrir e deixarnos levar pola imaxinación.

Queremos que a biblioteca sexa un lugar vivo, acolledor e aberto a todos e todas: alumnos/as, familias, mestres/as e persoal do centro.

A inauguración oficial será moi pronto, atentos á data que compartiremos nos vindeiros días! O primeiro e segundo prato foron as actividades realizadas durante a semana do libro e o prato estrela será a representación teatral para toda a comunidade educativa. 

Vémonos entre libros!

 SEMANA DO LIBRO

No noso centro celebramos a conmemoración do Día do Libro durante unha semana, con diferentes actividades coma: apadriñamento lector, as familias leron contos nas clases dos seus fillos e fillas, sesións de contacontos e a representación dunha obra de teatro, tanto para os/as alumnos/as coma para toda a comunidade educativa. 

Todas estas actividades son as que nos abren o camiño da apertura da biblioteca.

Boas! 

Queremos informar de que xa estamos a piques de abrir a nosa biblioteca!

Aínda que dende novembro non temos nada publicado, sí se estiveron facendo moitas cousas na nosa biblioteca.

Queremos pedir desculpas polo retraso, pero xa sabedes que as obras levan tempo!!!

Dende este curso formamos parte da gran familia das Bibliotecas Escolares de Galicia, xa que nos foi concedido o programa PLAMBE. Debido a esta fermosa noticia tivemos que organizar a nosa biblioteca, pintando, reorganizando espazos e, por suposto, expurgando e catalogando libros.