Páxinas

sábado, 23 de novembro de 2013

10 MIL GRAZAS PARA SARA

       Cando nos rodeamos de boas personas a imaxinación ponse a funcionar e flúen as ideas e as palabras coma un río. Se ademais temos a sorte de traballar con nenos e nenas agradecidos que saben recoñecer o esforzo daquelas que adicaron a súa vida ao ensino, poden xurdir cousas coma ésta: 
                                     
                                                    10 MIL GRAZAS PARA SARA

 A partir do libro "Do un ao Dez... e de volta outra vez", o alumnado de 6º A queremos amosarlle á que fora a nosa mestra no primeiro ciclo o que significou para nós esa etapa con ela.
 

     Seleccionamos frases adicadas á mestra Sara , cos nosos agasallos e por que... Estas foron as escollidas

1 Bico por coidarnos e axudarnos
2 Tarxetas  douradas por 2 anos cheos de recordos
3 Bombóns por ser tan boa
4 Contos por ensinarnos a ler
5 Flores polos cinco días da semana contigo
6 Biquiños polos agasallos que nos dabas
7 Caramelos por prepararnos para o seguinte curso
8 Apertas por ser tan boa conosco
9 Nubes de algodón por ser tan doce conosco
10 MIL GRAZAS SARA









Ningún comentario:

Publicar un comentario