Pero, afortunadamente, os libros son bos compañeiros de viaxe nestes momentos de confinamento...
Grazas a eles podemos saír da rutina e viaxar por mundos infinitos ata donde a nosa imaxinación nos queira levar.
- Desde a web do colexio propoñémosvos unha actividade divertida:
"Unha actividade que vos propoñemos dende o grupo da biblioteca para celebrar o Día mundial do libro é a de convertervos en ¨booktubers¨. Consiste en que vos gravedes falando dun libro que vos guste (podedes dicir de cal se trata e recomendar a súa lectura ou podedes non dicilo e falar del para que os demais intenten adiviñar de que libro falades)
- Unha vez gravado podedes enviar o video ao seguinte email para que o publiquemos (si queredes, claro) ratm2809@yahoo.es
- Temos outra actividade para ver se sodes capaces de adiviñar os libros con estrela.
E ahora poderás ler e escoitar todos os contos con estrela...
- Desde o Equipo da Biblioteca temos outra proposta divertida.
- Podedes disfrazarvos da personaxe de libro que vos guste e mandar a foto.
- Para darlle emoción podemos intentar adiviñar quen sodes... Podedes dar pistas...
- Gustanvos as actividades que propuxemos?
- Pois temos outro xogo.
- No enlace tes o pdf.:
- http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato/system/files/GYMKHANA%20LITERARIA%20.pdf
Bo día do libro para todos e todas xs que formades parte da nosa Comunidade Educativa!
O correo de referencia ao que podedes mandar as fotos e comentarios é: ratm2809@yahoo.es
Tamén podedes deixar comentarios nesta mesma entrada.
MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario