Páxinas

venres, 30 de outubro de 2020

Samaín 2020

Canto traballou este alumnado e a súa familia! a pesares da situación actual qu enon anima moito á festa rachada. 
Grazas por facernos a vida mais levadeira. 


domingo, 25 de outubro de 2020

Actividades para o Samaín

 Deixamos unhas actividades para realizar polo Samaín. 

Tedes xogos, pintura, manualidades, vídeos, cancións e de matemáticas.

Esperamos que as disfrutedes.


sábado, 24 de outubro de 2020

Corre, corre, cabaciña

 Achégase o Samaín e queremos compatir cos pequechos e pequechas do CEIP Filomena Dato o conto "Corre, corre, Cabaciña" para que pasedes un bo rato con esta xenial velliña.



Tamén poñemos a canción para que cantedes e bailedes



Non dubidedes en mandarnos os vosos comentarios


Día das escritoras

 Xa estamos configurando o cortizo coas actividades que enviades para o Día das Escritoras 2020.

Segundo vaian chegando iremos engadindo aquí todas as vosas aportacións.

Grazas pola acollida e participación, e por visualizar as nosas mulleres escritoras. Se premedes na imaxe iredes ao lugar.

Como dicía Emilia Pardo Bazán: "Al pueblo no puede ilustrársele. Es y será eternamente un hatajo de babiecas, una recue de jumentos. Si le presenta usted las cosas naturales y racionales, no las cree. Se pirra por lo raro, estrambótico, maravilloso e imposible."


mércores, 21 de outubro de 2020

Audiocuento el monstruo de colores



Realicei un audioconto en Soundcloud (en castelán) sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.

Espero que o gocedes.







Déixovos tamén unha ficha para unir o monstruo de cor e a súa emoción co seu picto de Arasaac e o nome da emoción.





Montruo de colores, una ficha interactiva de Ariberna
liveworksheets.com




venres, 9 de outubro de 2020

Axenda 2030 da ONU desenvolvementos sostible

 Aínda que teñamos tempo ata dentro dunha década, non podemos esqueceremos dos obxectivos de desenvolvemento sostible no noso traballo, presentes na axenda da ONU. Os ODSfixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.

Son un total de 17 obxectivos que se elaboraron en mais de dous anos de consultas públicas, enteracción coa sociedade civil e negociacións entre países.

 Iremos soltando entradas para traballar sobre estas temáticas



xoves, 8 de outubro de 2020

Día das escritoras 2020

 

Día das Escritoras 2020

 

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

 

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais) 

 


Sacado de bibliotecasescolares


A actividade sería moi sinxela: crear unha exposición virtual do traballo do noso alumnado. O único que hai que facer é achegarnos textiños de libros escritos por escritoras, poñendo o libro e a escritora debaixo del.

Podemos adaptar á actividade a calquera vía: pode ser un texto gravado, escrito, escrito mais debuxo, etc. aproveitamos de que vai ser virtual para poder engadirmos moitas cousas. En calquera idioma.

Facédeme chegar os vosos traballos ou ben que os entreguen os nenos, personalmente ou ao correo da biblioteca filomena.dato.biblioteca@gmail.com

Seguindo o noso protocolo da biblio podemos levar libros para lelos na casa, sempre pedindo ao coordinador ou profesorado, e anotándo o préstamo

Graciñas pola vosa colaboración.