Busca no blog
Publicación destacada
venres, 30 de outubro de 2020
Samaín 2020
domingo, 25 de outubro de 2020
Actividades para o Samaín
Deixamos unhas actividades para realizar polo Samaín.
Tedes xogos, pintura, manualidades, vídeos, cancións e de matemáticas.
Esperamos que as disfrutedes.
sábado, 24 de outubro de 2020
Corre, corre, cabaciña
Achégase o Samaín e queremos compatir cos pequechos e pequechas do CEIP Filomena Dato o conto "Corre, corre, Cabaciña" para que pasedes un bo rato con esta xenial velliña.
Día das escritoras
Xa estamos configurando o cortizo coas actividades que enviades para o Día das Escritoras 2020.
Segundo vaian chegando iremos engadindo aquí todas as vosas aportacións.
Grazas pola acollida e participación, e por visualizar as nosas mulleres escritoras. Se premedes na imaxe iredes ao lugar.
Como dicía Emilia Pardo Bazán: "Al pueblo no puede ilustrársele. Es y será eternamente un hatajo de babiecas, una recue de jumentos. Si le presenta usted las cosas naturales y racionales, no las cree. Se pirra por lo raro, estrambótico, maravilloso e imposible."
mércores, 21 de outubro de 2020
Audiocuento el monstruo de colores
Realicei un audioconto en Soundcloud (en castelán) sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.
Espero que o gocedes.
Déixovos tamén unha ficha para unir o monstruo de cor e a súa emoción co seu picto de Arasaac e o nome da emoción.
liveworksheets.com
venres, 9 de outubro de 2020
Axenda 2030 da ONU desenvolvementos sostible
Aínda que teñamos tempo ata dentro dunha década, non podemos esqueceremos dos obxectivos de desenvolvemento sostible no noso traballo, presentes na axenda da ONU. Os ODS, fixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.
Son un total de 17 obxectivos que se elaboraron en mais de dous anos de consultas públicas, enteracción coa sociedade civil e negociacións entre países.
Iremos soltando entradas para traballar sobre estas temáticas
xoves, 8 de outubro de 2020
Día das escritoras 2020
Día das Escritoras 2020
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
Facédeme chegar os vosos traballos ou ben que os entreguen os nenos, personalmente ou ao correo da biblioteca filomena.dato.biblioteca@gmail.com