Páxinas

mércores, 20 de xaneiro de 2021

Día da educación 24 de xaneiro

 Un dos obxectivos da axenta sostible (ver ligazón) é o da Educación e calidade.



Tendo en conta os datos da axenda seguintes:
- A matriculación no ensino primario nos países en desenvolvemento alcanzou o 91%, pero 57 millóns de nenos en idade de escolarización primaria seguen sen asistir á escola. 
- Máis da metade dos nenos que non están matriculados na escola viven no África Subsahariana. 
- Estímase que o 50% dos nenos que non asisten á escola primaria viven en zonas afectadas por conflitos. 
- 617 millóns de mozos no mundo carecen dos coñecementos básicos en aritmética e dun nivel mínimo de alfabetización.

Cara o 2030 preténdese:
4.1 Asegurar que todas as nenas e todos os nenos terminen o ensino primario e secundario, gratuíta, equitativa e de calidade. 
4.2 Asegurar que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e educación preescolar. 
4.3 Asegurar o acceso igualitario de todos os homes e as mulleres a unha formación técnica, profesional e superior de calidade, incluído o universitario 
4.4 Aumentar considerablemente o número de mozos e adultos que teñen as competencias necesarias, para acceder ao emprego, o traballo decente e o emprendemento. 
4.5 Eliminar as disparidades de xénero na educación e asegurar o acceso igualitario á formación profesional para as persoas vulnerables, incluídas as persoas con discapacidade, os pobos indíxenas e os nenos en situacións de vulnerabilidade. 
4.6 Asegurar que tanto homes como mulleres, estean alfabetizados e teñan nocións elementais de aritmética. 
4.7 Asegurar que todos os alumnos adquiran os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento e estilo de vida sostible, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural. 
a) Construír e adecuar instalacións educativas que teñan en conta as necesidades dos nenos e as persoas con discapacidade e as diferenzas de xénero, inclusivos e eficaces. 
b) Aumentar considerablemente a nivel mundial o número de bolsas dispoñibles para os países en desenvolvemento. 
c) De aquí a 2030, aumentar considerablemente a oferta de docentes cualificados, mesmo mediante a cooperación internacional para a formación de docentes nos países en desenvolvemento e pequenos estados insulares.

Con elo conmemoramos o 24 de xaneiro Día da educación convidándovos a unhas lecturas:




Prelectores



      Primeros lectores 6-8 años








Lectores autónomos 9-11 años








Lectores expertos 12-14 años










Adultos





mércores, 13 de xaneiro de 2021

Novo material

 Bo comezo de ano!

O equipo da biblio adquiriu estes exemplares que o martes formarán parte dos nosos fondos.


Greg, Nikki, Wonder, Harry Potter...

Ven a coller o teu exemplar!

E de adultos: "Infamia" de Ledicia Costas