Páxinas

martes, 23 de febreiro de 2021

VÍDEO PRESENTACIÓN COLE

Dada a situación sanitaria, este ano non faremos a tradicional xornada de portas abertas, pero para que poidades coñecer o centro, os servizos cos que contamos e os programas nos que participamos, fixemos este vídeo de presentación. Esperamos que vos guste!!!

luns, 22 de febreiro de 2021

24 F día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra.

Temos unhas actividade para compartir este día convosco:

1) Poemas cantados:




2) Quebracabezas:



preview36pieceRosalía pequespreview136pieceRosalia2preview200pieceRosalia Valenzá


3) Recitados do alumnado
(EN BREVE, estade atentos/as)


sábado, 20 de febreiro de 2021

21 F Día da lingua materna


 

Co motivo do Día da Lingua Materna, dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato preparámosvos unha exposición virtual do Principiño en Diversos idiomas. Non nos chega aos 250 nos que está traducido, pero veredes que quedan poucos.

Esta actividade que esperamos que gocedes, extenderémola en cursos vindeiros a audios nos diversos idiomas.

Segue o noso blog para estar á última das actualizacións e déixanos comentarios.



martes, 16 de febreiro de 2021

Adeus Margarit

 Hoxe finou Joan Margarit, O premio Cervantes 2019, autor de poemarios tan lidos como ‘ Joana’ e ‘Casa de Misericordia, faleceu en Barcelona vítima dun cancro.

 Deixamos un poema recitado por el mesmo, que está ben para estos momentos "La libertad"





Joana




e tamén " de Senectute"



martes, 9 de febreiro de 2021

Cita a cegas

Queres ter uns días románticos aínda que coincidan co Entroido? 

Se queredes ter unha cita a cegas con algún destes libros non dubidedes en vir Á Biblioteca a por un deles. 

 Pasos a facer: 
1) Entras ordenadamente e respetando o protocolo COVID 
2) Miras os adxectivos e información 
3) Elixes o que queres e lévalo. 

Hai para diversas idades. De ter moito enganche a actividade ampliarase ate despois do Entroido.








11 F Día Internacional da muller e da nena na ciencia



No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.  Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluídos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Para esta actividade vos propoñemos unha lecturas de material que xa veu á biblioteca o curso pasado pero polo confinamento non se puido catalogar. Tamén materiais antigos.

Se queredes adquirir algún préstamo, xa sabedes a quen dirixirvos.
 
Na web mujeresconciencia se dedica un mes do ano a unha muller:


domingo, 7 de febreiro de 2021

Meco Entroido

O Entroido vai chegar, aínda que de maneira diferente e non o podamos gozar.

Para eso istas son as ordes que propuxeron dende o EDLG:








luns, 1 de febreiro de 2021

Libro da Paz 2021

Dende a biblioteca pedimos a colaboración de profesorado e alumnado para facer o Libro da Paz

A actividade consistía en poñer unhas diapositivas nun libro, na que se puxera nome, nacionalidade, galardón levado ou nominado, e motivo polo que o levou ou se propuxo. Isto máis unha foto formaban un conxunto moi bo.

Ante todo agradecervos a vosa colaboración, xa que contamos a día de hoxe con 49 páxinas e todavía estamos introducindo máis. Grazas. Grazas e máis grazas. Vai quedar unha actividade moi xeitosa, abofé, e non lle falta humor.




Premendo no enlace ou ben na portada, podedes acceder ao libro