Busca no blog
Publicación destacada
martes, 23 de febreiro de 2021
VÍDEO PRESENTACIÓN COLE
luns, 22 de febreiro de 2021
24 F día de Rosalía
sábado, 20 de febreiro de 2021
21 F Día da lingua materna
Co motivo do Día da Lingua Materna, dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato preparámosvos unha exposición virtual do Principiño en Diversos idiomas. Non nos chega aos 250 nos que está traducido, pero veredes que quedan poucos.
Esta actividade que esperamos que gocedes, extenderémola en cursos vindeiros a audios nos diversos idiomas.
Segue o noso blog para estar á última das actualizacións e déixanos comentarios.
martes, 16 de febreiro de 2021
Adeus Margarit
Hoxe finou Joan Margarit, O premio Cervantes 2019, autor de poemarios tan lidos como ‘ Joana’ e ‘Casa de Misericordia, faleceu en Barcelona vítima dun cancro.
Deixamos un poema recitado por el mesmo, que está ben para estos momentos "La libertad"
martes, 9 de febreiro de 2021
Cita a cegas
11 F Día Internacional da muller e da nena na ciencia
No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluídos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
- Enero: Vanessa Valedeiglesias García (toxicoloxía xenética)
- Febrero: Josefina Ling Ling (astronomía e astrofísica)
- Marzo: Aida Fernández Ríos (biología mariña)
- Abril: África González Fernández (inmunoloxía)
- Mayo: Sonia Villapol Salgado (neuroloxía)
- Junio: Alicia Estévez Toranzo (microbioloxía e parasitoloxía)
- Julio: Mª Isabel Fernández García (química inorgánica)
- Agosto: Gloria Revilla López (fisioloxía vexetal)
- Septiembre: Elena Vázquez Abal (xeometría e topoloxía)
- Octubre: Susana Martínez Conde (neurologxa)
- Noviembre: Ana Mª González Noya (química inorgánica)
- Diciembre: Mª Isabel Loza García (farmacología)
domingo, 7 de febreiro de 2021
Meco Entroido
O Entroido vai chegar, aínda que de maneira diferente e non o podamos gozar.
Para eso istas son as ordes que propuxeron dende o EDLG: