Páxinas

venres, 20 de decembro de 2013

Recomendacións de lectura para o Nadal

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

A mestra Carmen Mosquera fai estas recomendacións de lectura para o 2º ciclo:

  • LER cada día 5 minutos –polo menos- en voz alta unha revista, un xornal ou calquera libro en galego ou español (vale repasar nos libros do 1º trimestre).
  • Por se non se che ocorre que ler, aí van algunhas suxerencias de libros estupendos. Hainos de balde na Biblioteca do cole e na da Valenzá.
    • Natacha de Luis Mª Pescettiva
    • Cipi de Mario Lodi
    • Este duende es una ruina de Elvira Menéndez y José Mª Álvarez
    • Qué asco de bichos. El cocodrilo enorme de Roald Dahl
    • La selva en verso de Gloria Fuertes
    • Cabeciña a paxaros de G. Sánchez
      • Calquera das series :
        • “Los cinco” de Enid Blyton
        •  “Minilibros” Disney Gaviota
        • “Geronimo Stilton”
        • “Tea Stilton”
        • Astérix
        • Cedric

(Podes contar 120 palabras e controlar que as les correctamente nun minuto. Se ves que non che chegou o tempo para lelas todas, tes que aumentar os minutos diarios adicados a ler)

  •               Escribir unha ou dúas copias con bolígrafo de catro ou cinco liñas e corrixilas comprobando co orixinal que non cometiches erros.



  •     Facer sopas de letras, xogos de atopar diferencias –como os que aparecen no xornal-, debuxar, facer puzzles, escribir un diario ou contos inventados por ti… sen límite!

FELICES VACACIÓNS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario