RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL
A mestra Carmen Mosquera fai estas recomendacións de
lectura para o 2º ciclo:
- LER cada día
5 minutos –polo menos- en voz
alta unha revista, un xornal ou calquera libro en galego ou español
(vale repasar nos libros do 1º trimestre).
- Por se non se che
ocorre que ler, aí van algunhas suxerencias de libros estupendos. Hainos
de balde na Biblioteca do cole e na da Valenzá.
- Natacha de Luis Mª Pescettiva
- Cipi de Mario Lodi
- Este
duende es una ruina de Elvira Menéndez y José Mª Álvarez
- Qué
asco de bichos. El cocodrilo enorme de Roald Dahl
- La
selva en verso de
Gloria Fuertes
- Cabeciña
a paxaros de G.
Sánchez
- Calquera
das series :
- “Los cinco” de Enid Blyton
- “Minilibros” Disney Gaviota
- “Geronimo Stilton”
- “Tea Stilton”
- Astérix
- Cedric
(Podes contar 120 palabras e controlar que as
les correctamente nun minuto. Se ves que non che chegou o tempo para
lelas todas, tes que aumentar os minutos diarios adicados a ler)
- Escribir unha ou dúas copias con bolígrafo de catro ou cinco liñas e corrixilas comprobando co orixinal que non cometiches erros.
- Facer sopas de letras, xogos de atopar diferencias –como os que aparecen no xornal-, debuxar, facer puzzles, escribir un diario ou contos inventados por ti… sen límite!
FELICES VACACIÓNS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario