Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

domingo, 12 de novembro de 2023

SAMAÍN

 Para celebrar esta efeméride os/as alumnos/ as de sexto de primaria representaron unha obra de teatro titulada "Indo para o Samaín" aos alumnos e alumnas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria. 



Para conmemorar o Día das Bibliotecas, durante o mes de outubro os/as alumnos do segundo ciclo de primaria estiveron elaborando un eslogan para animar aos seus compañeiros e compañeiras a ler. Foi moi difícil seleccionar un, todos estaban moi ben. Moitas grazas a todos e todas por participar. 
Ao final escolléronse 4 que son os seguintes: 





xoves, 26 de outubro de 2023

CANTEIRA DE ESCRITORES E ESCRITORAS

 Nesta sección os/as alumnos/as poderán escribir os relatos que teñen na súa imaxinación.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas . O lema deste ano foi "Tecendo comunidades".


No CEIP "Filomena Dato" fixemos un concurso de slogans para animar aos nosos/as alumnos/as a ler. 

Proximamente añadiremos o slogan gañador.

O equipo da biblioteca do colexio acudiu ao centro de día Shambhala, da Valenzá, para representar unha obra de teatro aos usuarios e usuarias que alí se atopaban. 

mércores, 18 de outubro de 2023

BIBLIOTECA ABERTA


Este curso tivemos que acondicionar a nosa biblioteca e  tardamos un pouco en abrir...

Poderedes achegarvos a partir do vindeiro luns, 23 de outubro. 

O 24 de outubro, conmemoramos o día das bibliotecas escolares... 

O lema para o curso 2023/2024 é:


Así que ao longo deste curso agardamos que, ademais de moitos libros, poidades ler moitísimos cómics...