Busca no blog

venres, 26 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano o día das Letras galegas está dedicado a Antón Fraguas!
Como todos os anos o Seminario Galán propón moitas actividades, premede na ligazón para acceder a elas.
http://seminariogalan.org/inicio/portada

DÍA DO LIBRO 2019

Desde a biblioteca conmemoramos o Día do Libro propoñendo unha actividade para facer nas aulas.
Os nenos e nenas fixeron un paipai con forma de libro no que engadiron unha reseña do libro que máis lles gustou/ un poema/ unha rima...
Ademais contamos coa visita de Eva Tato que traía unhas maletas cheas de contos que foi recollendo polo mundo adiante.