Busca no blog

xoves, 16 de outubro de 2025

SAMAÍN 2025

 Queridos aprendices de maxia e lectura:

Xa recibistes a "CARTA"???

Entón xa sabedes que a nosa escola este ano será o ...

"Colexio de Maxia e Coñecemento Filomena Dato"  

desde a nosa Biblioteca Máxica, Bibliodato, pedímosvos que nos axudedes coa decoración do Samaín...
Xa queda pouco para que se abran as portas...
aprendede ben as palabras máxicas:

Alohomora, Bibliodato!

APERTURA DA BIBLIOTECA CURSO 2025 2026

 LEMBRADE QUE O 24 DE OUTUBRO, ADEMÁIS DE CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, ABRIREMOS A NOSA BIBLIOTECA!

ESTE CURSO,  A BIBLIOTECA DO CEIP FILOMENA DATO ESTARÁ ABERTA PARA TODOS E TODAS OS/AS QUE FORMADES PARTE DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

TODOS OS MÉRCORES DE 15:30 A 16:30

TEREDES AS PORTAS DA BIBLIOTECA ABERTAS PARA VÓS!

ACHEGÁDEVOS E MERGULLÁDEVOS NA MAXÍA DOS LIBROS!!!

mércores, 8 de outubro de 2025

APERTURA DA NOVA BIBLIOTECA

 A nosa biblioteca xa está case preparada para que todos os nenos e nenas, e os demáis membros da comunidade educativa, poidades aprender, e descubrir os novos mundos e os grandes tesouros agochados entre as páxinas dos libros.

AS PORTAS DA NOSA NOVA BIBLIOTECA ABRIRÁNSE O 24 DE OUTUBRO!

ESTÁ CHEGANDO O MOMENTO DE MERGULLARSE NAS XANELAS DA MAXIA!

luns, 22 de setembro de 2025

BENVIDOS Á MAXIA DA BIBLIOTECA

 NESTE NOVO CURSO, A NOSA BIBLIOTECA VAI ESTAR CHEA DE MAXIA!

VEN Á NOSA BIBLIOTECA E DÉIXATE ENFEITIZAR POLOS LIBROS!!!

mércores, 30 de abril de 2025

Temos unha gran noticia que comunicar, a biblioteca do noso centro está lista para recibir a toda a comunidade educativa.

Despois de moito traballo e libros colocados con mimo, por fin poderemos desfrutar dun espazo pensado para ler, aprender, descubrir e deixarnos levar pola imaxinación.

Queremos que a biblioteca sexa un lugar vivo, acolledor e aberto a todos e todas: alumnos/as, familias, mestres/as e persoal do centro.

A inauguración oficial será moi pronto, atentos á data que compartiremos nos vindeiros días! O primeiro e segundo prato foron as actividades realizadas durante a semana do libro e o prato estrela será a representación teatral para toda a comunidade educativa. 

Vémonos entre libros!


 



 SEMANA DO LIBRO

No noso centro celebramos a conmemoración do Día do Libro durante unha semana, con diferentes actividades coma: apadriñamento lector, as familias leron contos nas clases dos seus fillos e fillas, sesións de contacontos e a representación dunha obra de teatro, tanto para os/as alumnos/as coma para toda a comunidade educativa. 

Todas estas actividades son as que nos abren o camiño da apertura da biblioteca.

Boas! 

Queremos informar de que xa estamos a piques de abrir a nosa biblioteca!

Aínda que dende novembro non temos nada publicado, sí se estiveron facendo moitas cousas na nosa biblioteca.

Queremos pedir desculpas polo retraso, pero xa sabedes que as obras levan tempo!!!

Dende este curso formamos parte da gran familia das Bibliotecas Escolares de Galicia, xa que nos foi concedido o programa PLAMBE. Debido a esta fermosa noticia tivemos que organizar a nosa biblioteca, pintando, reorganizando espazos e, por suposto, expurgando e catalogando libros.