Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

xoves, 27 de outubro de 2022

Code Week 2022

Como estamos "mal acostumando" ao alumnado, participamos tamén neste ano na Code Week.
Neste caso os cativos e as cativas de Primeiro gozaron do rato robot na biblioteca e nas súas aulas.




  




luns, 17 de outubro de 2022

17 outubro Día das escritoras


A nosa mención anual ao Día das Bibliotecas con este cartaz de benvida e a nosa escritora que deu nome ao noso cole.










Tamén vos deixamos unhas recomendacións lectoras dunhas boas escritoras.
















domingo, 16 de outubro de 2022

Samaín 2022

 Boas,

Deixamos o compendio de actividades actualizadas que facemos sempre a estas alturas. Hai xogos, manualidades, vídeos, contos...


luns, 3 de outubro de 2022

Abrimooooooos!

Boas a todos e todas!

Despois de 912 días temos a honra de poder estar moi contentos e contentas grazas a vós. Foron case mil días de COVID-19, dun ano case pechada, doutro ano por quendas, pero por fin, hoxe 3 de outubro do 2022, volvemos estar toda a xente que queiramos na biblioteca, da igual a idade, aula ou nivel.