Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

xoves, 10 de novembro de 2022

Día da Ciencia en galego

 Para conmemorar o día da ciencia en galego, os nenos e nenas de educación infantil fixéronse científicos e viñeron á Biblioteca facer experimentos... 

Pasámolo fenomenal!!! 




ESTA É A RECEITA DA NOSA MASA SENSORIAL!! 





mércores, 9 de novembro de 2022

Premio Cervantes 2022

 O poeta venezolano Rafael Cadenas gañou aos seus 92 anos, o Premio Cervantes de 2022.

Como di na noticia de  RTVE: "E é que a poesía de Cadenas é capaz de crear un universo máxico, pero que, ao mesmo tempo, está ancorado á nosa realidade, xa que nos invita a reflexionar sobre as cousas máis relevantes da vida a través das letras. Iso provocou que, ás veces, a súa poesía sexa comparada co pensamento filosófico."

"Derrota" en 1963 foi o seu poema máis famoso, sendo referente de poesía universal e retrato dos mozos que crían que o fracaso no seu país era seu fracaso.

Aquí vai un fragmento:

"Yo que no he tenido nunca un oficio
que ante todo competidor me he sentido débil
que perdí los mejores títulos para la vida
que apenas llego a un sitio ya quiero irme (creyendo que mudarme es una solución)
que he sido negado anticipadamente y escarnecido por los más aptos
que me arrimo a las paredes para no caer del todo
que soy objeto de risa para mí mismo
que creí que mi padre era eterno
que he sido humillado por profesores de literatura
que un día pregunté en qué podía ayudar y la respuesta fue una risotada
que no podré nunca formar un hogar, ni ser brillante, ni triunfar en la vida
que he sido abandonado por muchas personas porque casi no hablo
que tengo vergüenza por actos que no he cometido
....
mi extravío una frescura nueva, y obstinadamente
me suicido al alcance de la mano
me levantaré del suelo más ridículo todavía para seguir burlándome de los otros
y de mí hasta el día del juicio final."


Podes ver a noticia e máis fragmentos neste enlace




* Información e foto de RTVE




Conferencia Florencio Delgado Gurriarán.

 A Real Academia Galega acordou dedicarlle a Florencio Delgado Gurriarán o Día das letras Galegas do ano 2022.

Con este motivo o Ateneo de Ourense promove unha conferencia sobre a súa figura. impartida por Ricardo Gurriarán. doutor en Historia Contemporánea póla Universidade de Santiago de Compostela.

Será na sede temporal do Ateneo de Ourense, rúa do Progreso nº30,  Centro cultural Marcos Valcárcel
o vindeiro martes 15 de novembro de 2022 ás 19:30



domingo, 6 de novembro de 2022

Teatro a Biblioteca Embruxada

 Para o evento do Samaín contamos con máis dunha ducia dos nosos rapaces e das nosas rapazas que nos representaron unha obra de teatro "A biblioteca embruxada" na nosa biblioteca

Non podemos compartir con vós o ben que o fixeron, pero si unhas fotos da actuación.



Contacontos

Uns días antes do Samaín viñeron catro bruxas ao noso colexio e nos contaron un conto ao alumnado de infantil e 1º de Primaria.

A pesares de seren bruxas... rimos moitísimo.



Se premedes na foto ou neste enlace accederedes ás fotos das diversas actuacións.





xoves, 27 de outubro de 2022

Code Week 2022

Como estamos "mal acostumando" ao alumnado, participamos tamén neste ano na Code Week.
Neste caso os cativos e as cativas de Primeiro gozaron do rato robot na biblioteca e nas súas aulas.




  




luns, 17 de outubro de 2022

17 outubro Día das escritoras


A nosa mención anual ao Día das Bibliotecas con este cartaz de benvida e a nosa escritora que deu nome ao noso cole.










Tamén vos deixamos unhas recomendacións lectoras dunhas boas escritoras.