Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

xoves, 17 de marzo de 2022

21 marzo Día da poesía

© Logo europeo de la lectura fácil


O Día Mundial da Poesía conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade.
Foi practicada en tódalas culturas e continentes. 
Os poemas sinxelos transfórmanse en paz e diálogo.

A UNESCO estableceu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía na 30ª Conferencia Xeral en París en 1999.
O obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a  visibilización daquelas linguas en perigo de desaparecer.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para:
- honrar aos e ás poetas
- revivir tradicións orais de recitais de poesía
- promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía
- fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura
- e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. 

Todo o mundo está convidado a unirse.




Ningún comentario:

Publicar un comentario