Busca no blog

xoves, 30 de abril de 2026

CONTACONTOS DOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL: DÍA DO LIBRO 2026

Os nenos e nenas voluntarios da biblioteca elixiron  aulas de infantil e1º de EP para lerlles contos aos máis pequenos do colexio... Todos e todas disfrutamos moitísimo da experiencia!!!! 









Familias lectoras nas aulas: DÍA DO LIBRO 2026

  ESTE CURSO AUMENTOU O NÚMERO DE FAMILIAS QUE VIÑERON LER/CONTAR CONTOS PARA OS SEUS NENXS E XS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!

ESTAMOS MOI CONTENTAS DA BOA ACOLLIDA DESTA ACTIVIDADE ENTRE OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA!!







martes, 28 de abril de 2026

BIBLIOPATIO: DÍA DO LIBRO 2026

PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO SACAMOS A BIBLIOTECA AO PATIO DO COLEXIO. A ACTIVIDADE ESTABA PREVISTA OS DÍAS 20-24. DADO O ÉXITO DA ACTIVIDADE, ESTA PROLONGOUSE ATA O DÍA 27 DE ABRIL!



PICNIC LITERARIO: DÍA DO LIBRO 2026

 

Onte, despois do recreo, todos os nenos e nenas do colexio saímos ao patio cos nosos libros.

 A actividade estaba prevista para o día 23, como eixe principal das propostas deste curso para o 

Día do Libro, pero esperamos a poder estar todo o alumnado do centro, xa que nos días previos algúns grupos tiveron saídas.

FOI MOI DIVERTIDO LER NO PATIO!


xoves, 16 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Este curso conmemoraremos o día do libro ao longo das dúas últimas semanas deste mes de abril!

        As actividades que propoñemos desde a biblioteca para estos días son diversas:

  • Familias lectoras nas aulas.
  • Do 20 ao 24 de abril, bibliopatio.
  • Banco da amizade: amigos lectores (na entrada do colexio)
  • Picnic literario nos patios de educaión infantil e primaria (o día 23 de abril despois do recreo).
  • Nenos e nenas voluntarios de EP lerán para os nenos e nenas de EI.
  • Teatro: os voluntarios representarán unha obra para os nenos e nenas de 3º de EP.
  • Visita dun contacontos , ofrecido por unha editoral (para o alumnado de 1º e 2º de EP).
  • Utilizaremos a parte inferior do mural de Enma Watson para poñer un Mural Literario (Expres-Arte), con suxestións dos nenos e nenas.
  • Agasallo de libros durante as dúas semanas da conmemoración.
  • Traballos nas aulas...