Busca no blog

mércores, 18 de novembro de 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 20 e 21 de novembro vanse celebrar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. O noso centro exporá algunhas das súas experiencias nunha das ponencias.


venres, 13 de novembro de 2015

Novembro, mes da ciencia

Este mes está adicado á ciencia. Na etiqueta de CIENCIA atoparedes moitas experiencias e unha guía para ser un "bo ou boa científica"


Preme na imaxe para saber máis.

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A ESTIVERON XOGANDO E EXPERIMENTANDO CON PROBETAS!!
"DESCRUBIMOS CAMBIOS DE CORES E FORMAS"
             

xoves, 29 de outubro de 2015

Minicontos terroríficos e demáis

Na semana do 26 ao 29 de outubro celebraremos a festa do Samaín na Biblioteca. Durante o recreos podedes participar escribindo os vosos "Minicontos Terroríficos". Teredes a folla na Biblioteca, só tedes que pedila.
....E o día 3 de novembro.....entrega de agasallo a todos os participantes:













Ademáis, proxectaremos curtas de animación 



TODO ESTÁ PREPARADO!!!!!!! 
                          

         
                                                                               o castelo das lecturas terroríficas

venres, 23 de outubro de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro é o día da biblioteca escolar!!
Con tal motivo queremos abrir de novo as nosas portas a todos e todas.
A conmemoración terá lugar o vindeiro

23 de outubro de 11:00 a 12:30

Esperámoste na biblioteca do
CEIP Filomena Dato!!!

"TRAE UN CONVIDADO E RECIBIRÁS UN AGASALLO"

mércores, 21 de outubro de 2015

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

Desde a biblioteca escolar do CEIP Milladoiro-Malpica elaboraron este documento que pode ser de moita utilidade para tratar a gran cantidade de información que atopamos na Rede.
CADERNO ALFIN (ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL)

martes, 20 de outubro de 2015

cine por SAMAÍN



  Recomendamos  que vexades esta película de animación, EL LIBRO DE LA VIDA, onde o máis importante é ser un mesmo, cos nosos defectos e virtudes; onde un torero quere ser cantante e...

NON A PERDAS!