Busca no blog

domingo, 6 de novembro de 2022

Contacontos

Uns días antes do Samaín viñeron catro bruxas ao noso colexio e nos contaron un conto ao alumnado de infantil e 1º de Primaria.

A pesares de seren bruxas... rimos moitísimo.



Se premedes na foto ou neste enlace accederedes ás fotos das diversas actuacións.





xoves, 27 de outubro de 2022

Code Week 2022

Como estamos "mal acostumando" ao alumnado, participamos tamén neste ano na Code Week.
Neste caso os cativos e as cativas de Primeiro gozaron do rato robot na biblioteca e nas súas aulas.




  




luns, 17 de outubro de 2022

17 outubro Día das escritoras


A nosa mención anual ao Día das Bibliotecas con este cartaz de benvida e a nosa escritora que deu nome ao noso cole.










Tamén vos deixamos unhas recomendacións lectoras dunhas boas escritoras.
















domingo, 16 de outubro de 2022

Samaín 2022

 Boas,

Deixamos o compendio de actividades actualizadas que facemos sempre a estas alturas. Hai xogos, manualidades, vídeos, contos...


luns, 3 de outubro de 2022

Abrimooooooos!

Boas a todos e todas!

Despois de 912 días temos a honra de poder estar moi contentos e contentas grazas a vós. Foron case mil días de COVID-19, dun ano case pechada, doutro ano por quendas, pero por fin, hoxe 3 de outubro do 2022, volvemos estar toda a xente que queiramos na biblioteca, da igual a idade, aula ou nivel.




mércores, 14 de setembro de 2022

Benvida

 Boas a todos e todas!

O equipo da biblioteca quere desexarvos un bo comezo de curso.

Ídevos preparando para novas sorpresas.


Benvida ao
curso 2022-2023

luns, 20 de xuño de 2022

Polo Pepe

Boas, O polo Pepe visitounos no cole para lerlle un conto ás crianzas de 4º de infantil e agradecerlle que lle coiden os seus ovos.