Busca no blog

mércores, 30 de abril de 2025

Boas! 

Queremos informar de que xa estamos a piques de abrir a nosa biblioteca!

Aínda que dende novembro non temos nada publicado, sí se estiveron facendo moitas cousas na nosa biblioteca.

Queremos pedir desculpas polo retraso, pero xa sabedes que as obras levan tempo!!!

Dende este curso formamos parte da gran familia das Bibliotecas Escolares de Galicia, xa que nos foi concedido o programa PLAMBE. Debido a esta fermosa noticia tivemos que organizar a nosa biblioteca, pintando, reorganizando espazos e, por suposto, expurgando e catalogando libros. 

 

 

xoves, 14 de novembro de 2024

SAMAÍN

 O proxecto de centro que se está a levar a cabo no noso colexio, coordinado polo equipo de biblioteca, trata sobre o Camiño de Santiago.

Polo que as nosas conmemoracións e efemérides tratarán principalmente sobre este tema. 

Para o Samaín realizamos as seguintes actividades: 

  • O "Camiño Enmeigado"


  •  Conto para os/s alumnos e alumnas do primeiro ciclo "Buen camino, Celestino"



DÍA DAS BIBLIOTECAS


Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, no CEIP "Filomena Dato" contamos cunha gran

 contacontos, Sabela Gago, que nos interpretou o conto "O señor do castelo".


 


DÍA DAS ESCRITORAS

 

 

 

O día 14 de outubro celebramos no noso centro o Día das Escritoras, que este ano ten como lema: 

"A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural". 

Os/as alumnas/as de 5ºA leron, a través da megafonía, un poema sobre a muller labrega.



mércores, 9 de outubro de 2024

 BENVIDOS A UN NOVO CURSO


Donlibro informa que a biblioteca do noso centro está en proceso de transformación, polo tanto, non abrirá
as súas portas ata o día 24 de outubro con motivo do Día das Bibliotecas.

Para esta data acompañaranos Sabela Gago contando un conto para os máis pequenos do cole. 

Posteriormente, a biblioteca estará lista para os préstamos nos recreos a partir do vindeiro 30 de outubro.

Nesta data haberá sorpresas terroríficas, xa que Samaín está cerca.

domingo, 31 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 A BIBLIOTECA COLABOROU CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA EMISIÓN DUN PROGRAMA DE RADIO. 

DITO PROGRAMA CONSISTÍA NUNHA HIPOTÉTICA ENTREVISTA A FAMOSA ESCRITORA. 



DÍA INTERNACIONAL DA AUGA

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA, ORGANIZADOS POLA BIBLIOTECA, ADICARON UNHA CANCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL TITULADA "AGUA ES" PARA VISIBILIZAR A IMPORTANCIA QUE TEN A AUGA PARA AS NOSAS VIDAS, EN TODAS AS FORMAS QUE A PODEMOS ATOPAR E, PRINCIPALMENTE, QUE NON PODEMOS MALGASTALA.