Os nenos e nenas do colexio gozaron dun contacontos moi especial baseado no conto
"A Pequena Osa quere xogar" … e descubriron con ela que o mellor lugar para facelo é entre libros, historias e amigos.
Os nenos e nenas do colexio gozaron dun contacontos moi especial baseado no conto
"A Pequena Osa quere xogar" … e descubriron con ela que o mellor lugar para facelo é entre libros, historias e amigos.
Os voluntarios da biblioteca representaron unha obra no salón de actos para os nenos e nenas de 3º de EP.
Os nenos e nenas voluntarios da biblioteca elixiron aulas de infantil e1º de EP para lerlles contos aos máis pequenos do colexio... Todos e todas disfrutamos moitísimo da experiencia!!!!
ESTE CURSO AUMENTOU O NÚMERO DE FAMILIAS QUE VIÑERON LER/CONTAR CONTOS PARA OS SEUS NENXS E XS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!
ESTAMOS MOI CONTENTAS DA BOA ACOLLIDA DESTA ACTIVIDADE ENTRE OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA!!
PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO SACAMOS A BIBLIOTECA AO PATIO DO COLEXIO. A ACTIVIDADE ESTABA PREVISTA OS DÍAS 20-24. DADO O ÉXITO DA ACTIVIDADE, ESTA PROLONGOUSE ATA O DÍA 27 DE ABRIL!
Onte, despois do recreo, todos os nenos e nenas do colexio saímos ao patio cos nosos libros.
A actividade estaba prevista para o día 23, como eixe principal das propostas deste curso para o
Día do Libro, pero esperamos a poder estar todo o alumnado do centro, xa que nos días previos algúns grupos tiveron saídas.
FOI MOI DIVERTIDO LER NO PATIO!
Este curso conmemoraremos o día do libro ao longo das dúas últimas semanas deste mes de abril!
As actividades que propoñemos desde a biblioteca para estos días son diversas:
- Familias lectoras nas aulas.
- Do 20 ao 24 de abril, bibliopatio.
- Banco da amizade: amigos lectores (na entrada do colexio)
- Picnic literario nos patios de educaión infantil e primaria (o día 23 de abril despois do recreo).
- Nenos e nenas voluntarios de EP lerán para os nenos e nenas de EI.
- Teatro: os voluntarios representarán unha obra para os nenos e nenas de 3º de EP.
- Visita dun contacontos , ofrecido por unha editoral (para o alumnado de 1º e 2º de EP).
- Utilizaremos a parte inferior do mural de Enma Watson para poñer un Mural Literario (Expres-Arte), con suxestións dos nenos e nenas.
- Agasallo de libros durante as dúas semanas da conmemoración.
- Traballos nas aulas...