Busca no blog

luns, 23 de setembro de 2019

BIBLIOTECA ABERTA

Desde hoxe, xa podedes vir á biblioteca no recreo!
Na nosa biblioteca hai moreas de historias esperando ser descubertas!
ACHEGÁDEVOS!
NOS LIBROS SEMPRE HAI TESOUROS AGOCHADOS !!!

venres, 26 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano o día das Letras galegas está dedicado a Antón Fraguas!
Como todos os anos o Seminario Galán propón moitas actividades, premede na ligazón para acceder a elas.
http://seminariogalan.org/inicio/portada

DÍA DO LIBRO 2019

Desde a biblioteca conmemoramos o Día do Libro propoñendo unha actividade para facer nas aulas.
Os nenos e nenas fixeron un paipai con forma de libro no que engadiron unha reseña do libro que máis lles gustou/ un poema/ unha rima...
Ademais contamos coa visita de Eva Tato que traía unhas maletas cheas de contos que foi recollendo polo mundo adiante.

venres, 14 de decembro de 2018

venres, 2 de novembro de 2018

NOVEMBRO: EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

Chega o mes de novembro e convertímonos en científicos.
Xa temos moitos experimentos preparados para facer na biblioteca.
Este ano exploraremos os nosos sentidos:




            FÓRMULA DAS POMPAS  DE XABRÓN:
                     200ml de agua morna
                     1 cullerada grande de azucre
                     50ml de lavavaixelas
                     1 cullerada grande de glicerina
                     300ML máis de auga




venres, 26 de outubro de 2018

SAMAÍN

XA SE ACHEGA O SAMAÍN!
NA BIBLIOTECA XA TES EXPOSTOS OS LIBROS DE MEEEEEEDO!!!
E OS MARTES DE CINE PODERÁS VER ESTES FILMES DE TERROR!!!

TAMÉN PODEDES BAILAR E CANTAR CON ESTÁS CANCIÓNS!!!
E FACER MANUALIDADES DIVERTIDAS

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2018 2019 POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O lema das bibliotecas escolares para o curso 2018 2019 é
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico , nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... 
  
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.