Busca no blog

luns, 6 de outubro de 2014

CIENCIA QUE CONTA

“7º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta” 

                     Ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica. 
                       Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos. 
                   A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos, e unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa. 
                 Prazo para o envío dos traballos: remata o 15 de novembro de 2014  
          Premios (1º premio categoría: unha tablet). 
         Máis información na páxina ciencia que conta
        Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría  serán publicados nun libro. 
            Aquí temos aos nosos científicos traballando sobre un planetario elaborado por Nerea de 4ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario