Busca no blog

martes, 15 de setembro de 2015

PROXECTO "5 E ...ACCIÓN"



    Os voluntarios reciben unhas cartas nas que se lles convoca a unha reunión o martes 27 de xaneiro. Serán os responsables de organizar o "I CASTING" de actores e actrices entre os membros dos grupos de teatro do colexio, dentro do proxecto "5 e...acción".

      Os voluntarios e voluntarias da Biblioteca Escolar comezaron a desenvolver este proxecto"5 e...acción " no mes de xaneiro. A idea foi promover un casting pola productora "Claqueta Coqueta", do director, produtor e actor Rubén Riós, para todo o alumnado que asiste a clases extraescolares de teatro, tanto no grupo da ANPA coma o do Concello.
   Celebramos a primeira reunión: explicamos o proxecto, visionamos o Making of da curtametraxe "Coser e cantar" da produtora "Claqueta Coqueta",  e investigamos sobre tres conceptos: "casting", "Rubén Riós" e "produtora Claqueta Coqueta"
  








Que sabes de Rubén Riós?

 
A segunda reunión celébrase o 3 de febrero,
Elaboramos entre todos o cartel de presentación:

   
E este foi o resultado
          E... as presentacións aos grupos de teatro levouse a cabo os días 10 e 19 de febreiro. Aquí tedes un resumo:
 

       O 27, venres, contaremos coa visita de Rubén e temos que preparar a presentación ante todos os compañeiros.

  http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=826&busca=Adeus%20edrada?
 

   O 27 de febreiro Rubén Riós visita o colexio e falamos da "vida" e do cine. Vimos a curtametraxe "Adeus Edrada?", pola que lle concederon o premio Mestre Mateo como director. Esta actividade forma parte do proxecto "5 E... ACCIÓN", que terá como remate a posta en práctica do "I CASTING" de actores e actrices dos grupos
 de teatro do centro.
               
 PHOTOCALL con Rubén Riós


E Rubén danos as grazas na súa páxina de facebook


Hoxe, 4 de marzo, no xornal escolar do periódico "La Región", adícase unha columna ao noso proxecto.
      

FOTOS DO CASTING (12/03/2015)

XA PODEDES VER Os VÍDEOS DO CASTING


Agradecemento dos participantes á todo o equipo da produtora Claqueta Coqueta

    

2 comentarios: