Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

venres, 26 de outubro de 2018

SAMAÍN

XA SE ACHEGA O SAMAÍN!
NA BIBLIOTECA XA TES EXPOSTOS OS LIBROS DE MEEEEEEDO!!!
E OS MARTES DE CINE PODERÁS VER ESTES FILMES DE TERROR!!!

TAMÉN PODEDES BAILAR E CANTAR CON ESTÁS CANCIÓNS!!!
E FACER MANUALIDADES DIVERTIDAS

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2018 2019 POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O lema das bibliotecas escolares para o curso 2018 2019 é
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico , nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima... 
  
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.