Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

xoves, 19 de maio de 2016

Acertixeir@s premiados

                  Ao longo de dous meses e coa colaboración de Ramón, de 5º curso, fixemos unha proposta de acertixos para todo o cole. O mércores 18 de maio, entregáronse os premios aos que conseguiron resolver máis. 







 A biblioteca agasallou cunha bolsa das bibliotecas escolares que contiña un libro, un caderno ou diario, pin de donlibro,...
NORABOA A TOD@S!

martes, 10 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

XA QUEDA POUCO PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS QUE ESTE ANO HOMENAXEA A MANUEL MARÍA...
PARA IR FACENDO AMBIENTE PREME NA IMAXE E ESCOITARÁS ALGÚNS POEMAS MUSICADOS DO NOSO GRAN POETA GALEGO:
SE PREMES NO 1º ENLACE PODERÁS ACCEDER Á FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DONDE ATOPARÁS MOITA INFORMACIÓN.

xoves, 5 de maio de 2016

Exploramos os Mundo Mineral

E recentemente traídos do Centro da Terra: OS MINERAIS, recollidos polos nenos e nenas de 2º B. Noraboa polo traballo de recollida e presentación!. E á profe Carmen!

martes, 3 de maio de 2016

Julio Verne e as viaxes

Seguimos coas exploracións e un dos máis grandes foi Julio Verne, escritor de inolvidables aventuras e viaxes, ao centro da Terra, á Lúa, ... 
Queres saber máis?. Preme nos puntos de cores e viaxarás con Julio Verne.



      O Nautilus está preparado para que subas a bordo
ANÍMATE, colle un libro e disfruta!