Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

mércores, 18 de maio de 2022

Adeus, Domingo

 Hoxe, é un día triste despois de celebrarmos o noso día das Letras Galegas e finou con 51 anos un grande escritor: Domingo Villar.

Autor de libros como "A praia dos afogados" deixa un legado importante.

Botarémoste de menos.



mércores, 11 de maio de 2022

Novidades

Temos o noso recuncho coa canle privada LERFLIX coas recomendacións e algunha novidades.



De quererdes algún facemos préstamo



mércores, 4 de maio de 2022

Contacontos

 Quería con esta entrada facer un agradecemento ás nosas compañeiras titoras de 1º Cris e Aurea, que realizaron un contacontos "Pilú Pilú" para o alumnado, non só dos seus cursos, senón tamén para o alumnado de infantil.

Despois de rir un pouco co paxaro que andaba nos dentes do crocodrilo, deixamos unhas fotiñas.



Tamén deixamos un video do conto: