Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

luns, 21 de decembro de 2020

Boas vacacións

 Dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato queremos desexarvos unhas boas aínda que atípicas vacións.

Pero  como sabemos nunca choveu que non escampara, portádevos ben e facer as cousas ben.

Deixamos unha postal de máis de 100 anos de antigüidade e unha lecturas recomendadas.

 


 

 

 

 


luns, 14 de decembro de 2020

Adeus Le Carré

 John Le Carré, en realidade chamado David Cornwell (19 outubro do 1931 - 12 decembro do 2020) finou segundo fontes, aos 89 anos dunha neumonía.

O autor de novelas como "La Casa Ruusia"  e outras novelas de espionaxe con alto contido ético.

Foi considerado o Dickens da Guerra Fría e o fin desta xunto a caída do muro de Berlín, non lle impediron cesar no seu lei motiv.

En Ebiblio tes novelas como "El legado de los espías" e "Un hombre decente"




venres, 11 de decembro de 2020

A nena do vestido de flores

"E no seu silencio aparecía o espectro do conformismo, do famoso "é o que hai" que tanto inmobiliza o mundo."

"Aprendeu que había un método para copiar: as chuletas."

"Ás veces as cousas non son o que parecen, Dania."

"Non sei, papá, pensas que atoparemos algunha laranxa azul?"

"Xa se sabe que os nenos normais teñen outros comportamentos"

Son unhas das frases que se poden sacar do libro escrito por Manuel Fontemoura, unha persoa cercana a esta Comunidade Educativa.
A súa combinación de TEAtro leva a un coñecemento dunha situación nas que non falta a seriedade e o humor, coma un "Ying-Yang"

Parabéns por esta primeira novela.


Ao mercares este libro colaboras cunha doazón de un euro para a Asociación Limisi qu epromociona a persoas con diversidade funcional, e outro euro para o Grupo de Teatro Aneis. 

mércores, 2 de decembro de 2020

A Constitución e o Estatuto de Autonomía

 O día 6 de decembro conmemoramos á nosa Constitución Española e o noso Estatuto da Autonomía de Galicia.

Deixámosvos un vídeo que vos achegará unhas ideas da Constitución.



Tamén unha presentación sobre o Estatuto de Autonomía.




martes, 1 de decembro de 2020

Taboleiro 25N

 Este é o taboleiro no que o alumnado fixo as súas aportacións para o 25N

Agradecémosvos as vosas achegas e ogallá non houbera que celebrar esta efeméride nunca.



mércores, 25 de novembro de 2020

Síguenos e estarás á última

 Se premedes no botón de seguirnos e engadides un correo electrónico, estarás á última e terás a exclusiva das publicacións. Digamos que serás o primeiro ou a primeira en saber o que publicamos.









luns, 23 de novembro de 2020

Lecturas recomendadas 25N

 Dende a biblioteca deixámosvos unhas lecturiñas para conmemorar o 25 N.

Ao longo destas tres páxinas desta presentación mostraremos algúns dos libros que temos na biblio.

Hai moitos máis, se queres acercarte, seguindo os protocolos de seguridade podedes levar algún.


xoves, 19 de novembro de 2020

25N

Hoxe falamos o coordinador de convivencia e o coordinador da biblioteca para facer unha actividade para conmemorar a efeméride do 25N.

Decidimos realizar unha exposición na que o alumnado e profesorado acheguen noticias, biografías, fotos, que teñan á muller como centro. 

Ate o mesmo 25 recolleremos materiais e despois deixarémolos unha semaniña para que o alumnado e profesorado o vexan cos debidos protocolos. Tamén realizaremos algo para que a comunidade educativa o poida ver polo blogue.




E non vos perdades a exposición que vos temos preparada









venres, 13 de novembro de 2020

13 de novembro, Día das librarías

13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluÍda no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”
Pensamos, que este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para  alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

Agora que nos precisan ao seu carón, promovamos actividades, entre a comunidade educativa, para achegarnos ao seu traballo: entrevistas, traballos de investigación, visitas virtuais... É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.
Desde a Asesoría iremos visibilizando estas actividades baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo? 



martes, 10 de novembro de 2020

Magosto

 Co magosto tan raro que temos este ano, no que non podemos xuntarnos no monte, nas casas, nin ir a bares, deixámosvos material para ler en familia.

Hai ditos, historia, etc.



xoves, 5 de novembro de 2020

Grelo

O google chrome ten ao T-rex que cando quedas sen internet podes xogar a saltar. Pois ben, en Galiza publicaron a noite de Samaín Grelo, que é un can que se ergue do cemiterio o día de Samaín para ir buscar a súa familia. Salta os obstáculos, recolle galletas para recuperar os folgos e nunca deixes de correr. Grelo é un endless runner feito o 31 de outubro.
Preme na imaxe e xoga.



mércores, 4 de novembro de 2020

Novembro Mes da ciencia




 "... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo." Xurxo Mariño Alfonso

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

 FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

PINTEREST CIENCIA EN GALEGO

 

Abrir documento

venres, 30 de outubro de 2020

Samaín 2020

Canto traballou este alumnado e a súa familia! a pesares da situación actual qu enon anima moito á festa rachada. 
Grazas por facernos a vida mais levadeira. 


domingo, 25 de outubro de 2020

Actividades para o Samaín

 Deixamos unhas actividades para realizar polo Samaín. 

Tedes xogos, pintura, manualidades, vídeos, cancións e de matemáticas.

Esperamos que as disfrutedes.


sábado, 24 de outubro de 2020

Corre, corre, cabaciña

 Achégase o Samaín e queremos compatir cos pequechos e pequechas do CEIP Filomena Dato o conto "Corre, corre, Cabaciña" para que pasedes un bo rato con esta xenial velliña.



Tamén poñemos a canción para que cantedes e bailedes



Non dubidedes en mandarnos os vosos comentarios


Día das escritoras

 Xa estamos configurando o cortizo coas actividades que enviades para o Día das Escritoras 2020.

Segundo vaian chegando iremos engadindo aquí todas as vosas aportacións.

Grazas pola acollida e participación, e por visualizar as nosas mulleres escritoras. Se premedes na imaxe iredes ao lugar.

Como dicía Emilia Pardo Bazán: "Al pueblo no puede ilustrársele. Es y será eternamente un hatajo de babiecas, una recue de jumentos. Si le presenta usted las cosas naturales y racionales, no las cree. Se pirra por lo raro, estrambótico, maravilloso e imposible."


mércores, 21 de outubro de 2020

Audiocuento el monstruo de colores



Realicei un audioconto en Soundcloud (en castelán) sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.

Espero que o gocedes.







Déixovos tamén unha ficha para unir o monstruo de cor e a súa emoción co seu picto de Arasaac e o nome da emoción.





Montruo de colores, una ficha interactiva de Ariberna
liveworksheets.com




venres, 9 de outubro de 2020

Axenda 2030 da ONU desenvolvementos sostible

 Aínda que teñamos tempo ata dentro dunha década, non podemos esqueceremos dos obxectivos de desenvolvemento sostible no noso traballo, presentes na axenda da ONU. Os ODSfixados polas Nacións Unidas dentro da Axenda 2030, son obxectivos que buscan erradicar a pobreza, a fame, as desigualdades e a destrución do planeta, e se plantexan tanto como unha meta na acción global e internacional como obxectivos no contexto máis próximo e local, a todos os niveis.

Son un total de 17 obxectivos que se elaboraron en mais de dous anos de consultas públicas, enteracción coa sociedade civil e negociacións entre países.

 Iremos soltando entradas para traballar sobre estas temáticas



xoves, 8 de outubro de 2020

Día das escritoras 2020

 

Día das Escritoras 2020

 

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

 

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais) 

 


Sacado de bibliotecasescolares


A actividade sería moi sinxela: crear unha exposición virtual do traballo do noso alumnado. O único que hai que facer é achegarnos textiños de libros escritos por escritoras, poñendo o libro e a escritora debaixo del.

Podemos adaptar á actividade a calquera vía: pode ser un texto gravado, escrito, escrito mais debuxo, etc. aproveitamos de que vai ser virtual para poder engadirmos moitas cousas. En calquera idioma.

Facédeme chegar os vosos traballos ou ben que os entreguen os nenos, personalmente ou ao correo da biblioteca filomena.dato.biblioteca@gmail.com

Seguindo o noso protocolo da biblio podemos levar libros para lelos na casa, sempre pedindo ao coordinador ou profesorado, e anotándo o préstamo

Graciñas pola vosa colaboración.

luns, 21 de setembro de 2020

martes, 8 de setembro de 2020

Normas e coidados

 Compartimos con vos unhas normas e consellos antes de comezar o curso. É moi importante que alumnado e familia poida acceder a elas e memorizalas.

Un saúdo




Recordade que este virus o paramos unidos.


domingo, 6 de setembro de 2020

Benvida ao curso 2020-2021

Estimados alumnado, profesorado e familias, 

A pesarmos de ter un comezo de curso diferente, axitado, atípico e todos estes adxectivos que poderíades poñer, o equipo da bilbioteca queremos desexarvos un bo comezo de cursa. 

 Aínda temos que preparar como serán as cousas, pero seguiremos funcionando. 

 Atentamente 
Equipo de biblioteca: Carmen, Aarón, Carolina, Noelia, Cristel, Lorena y Mercedes


biblioteca-imagen-animada-0044


#Bibliofilodato 

#Donlibrodepaseo 

#CEIPFilomenaDato


martes, 16 de xuño de 2020

UNHA CHEA DE CONTOS!

Elixe o teu conto favorito...
E lembra que as lecturas nos axudan a viaxar...!!


Por aquí hai moitos contos agochados... Descúbreos!!





Moito ánimo!
Todo irá ben!!
Esperamos que disfrutedes das vacacións!!!
Xa sabedes... Un bo libro sempre é boa compañía!!!
O Equipo de Biblioteca!!

mércores, 3 de xuño de 2020

CANTO SABES DO MEDIO AMBIENTE

VENRES, 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!!

AQUÍ TES UN XOGO INTERACTIVO PARA INVESTIGAR CANTO SABES DO MEDIO AMBIENTE... TAMÉN TES "NOTICIAS" QUE AMPLIARÁN OS TEUS COÑECEMENTOS!!

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!

luns, 1 de xuño de 2020

Día do Medio Ambiente

O día, 5 de xuño conmemórase o día mundial do Medio ambiente... Deixámosvos un xogo interactivo...
Fai clic na palabra Medio ambiente e poderás ler/visualizar contos moi chulos relacionados co Medio Ambiente...


Disfrutade das lecturas!!
Moito ánimo!
Todo irá ben!
O Equipo de Biblioteca

sábado, 9 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano conmemoramos unhas Letras Galegas atípicas...pero o Seminario Galán segue compartindo as súas actividades:
http://seminariogalan.org/
Aquí atoparás actividades interactivas axeitadas ao teu nivel.
Unha delas é este xogo elaborado no colexio San Pio X de Ourense...proba!!!
 https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
Na páxina da Primavera das Letras tamén hai información e recursos sobre Ricardo Carballo Calero:
BOA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!
MOITO ÁNIMO!!
TODO IRÁ BEN!!!

venres, 24 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA: AHORA PODEREMOS SAÍR UN POUCO

A PARTIR DO DOMINGO, 26 DE ABRIL, OS NENOS E NENAS PODEREDES SAÍR Á RÚA... PERO HAI QUE TER MOITO COIDADO!
ASÍ QUE É MELLOR FACER O QUE NOS DI O OSO GOLOSO!
Vai tocando as imaxes para ver máis nítido.








Tamén tendes que ter en conta:
Podes descargar o pdf na páxina web do colexio:

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro 2020:¨booktubers¨

Aquí están os vídeos dos nosos¨booktubers¨

Leyre de 4° B fala do seu libro favorito... Sabedes cal é??

 DAVID DE 1° FALA DO SEU LIBRO FAVORITO

DIEGO DE 3° FALA DO SEU LIBRO FAVORITO
Tamén recibimos outra colaboración:
Un libro-acordeón sobre a confinamento!!
Grazas por participar!!
MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

DIA DO LIBRO 2020: EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil do noso colexio traballaron un montón...
Fixeron uns libros superfantásticos:
Mirade no seu blog:
http://filodatoinfanttil.blogspot.com/2020/04/colaboracions-dia-do-libro.html?m=0

DIA DO LIBRO 2020

Este ano tocounos vivir un día do libro diferente...
Pero, afortunadamente, os libros son bos compañeiros de viaxe nestes momentos de confinamento...
Grazas a eles podemos saír da rutina e viaxar por mundos infinitos ata donde a nosa imaxinación nos queira levar.

  • Desde a web do colexio propoñémosvos unha actividade divertida:

"Unha actividade que vos propoñemos dende o grupo da biblioteca para celebrar o Día mundial do libro é a de convertervos en ¨booktubers¨. Consiste en que vos gravedes falando dun libro que vos guste (podedes dicir de cal se trata e recomendar a súa lectura ou podedes non dicilo e falar del para que os demais intenten adiviñar de que libro falades) 


  • Unha vez gravado podedes enviar o video ao seguinte email para que o publiquemos (si queredes, claro) ratm2809@yahoo.es

  • Temos outra actividade para ver se sodes capaces de adiviñar os libros con estrela.
Preme no enlace para ver o pdf:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato/system/files/null_0.pdf

E ahora poderás ler e escoitar todos os contos con estrela...

Bo día do libro para todos e todas xs que formades parte da nosa Comunidade Educativa!

 O correo de referencia ao que podedes mandar as fotos e comentarios é: ratm2809@yahoo.es
Tamén podedes deixar comentarios nesta mesma entrada.

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

mércores, 22 de abril de 2020

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Na web do colexio puxeron un vídeo que fixemos os profes para dicirvos canto vos botamos de menos a todos os nenos e nenas!!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

MOITO ÁNIMO!
TODO IRÁ BEN!!
EU QUEDO NA CASA!!!

venres, 14 de febreiro de 2020

Xornadas de portas abertas

O MARTES E O MÉRCORES  DESTA SEMANA TIVEMOS AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO NOSO COLEXIO!


ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO O NOSO COLE...
ASÍ QUE...
 PARA O VINDEIRO CURSO CONTAMOS CON VOS!
NON ESQUEZADES FACER A PREINSCRIPCION DO
1 AO 20 DE MARZO.
AGARDÁMOSVOS!
SODES O NOSO FUTURO!!

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

COMO TODOS OS ANOS, CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CUN ACTO NO PATIO DO NOSO COLEXIO!
COMPUXEMOS UNHA ARBORE DA PAZ COAS MANS DE TODOS E TODAS,
 E ELABORAMOS UN ABECEDARIO DA PAZ QUE LEMOS PARA TODXS.
AO REMATAR BAILAMOS A CANCIÓN "MADRE TIERRA" DE CHAYANNE.
E INAUGURAMOS A RÚA DA PAZ, PARA TER PRESENTE QUE TODOS OS DÍAS DEBEN SER O DÍA DA PAZ!!!

martes, 21 de xaneiro de 2020

MUSEO CIENTÍFICO 2020

A NOSA BIBLIOTECA ACOLLEU O MUSEO CIENTÍFICO 
Este curso volvemos contar co Museo Científico "Ciencia en Movemento", no que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º.
Nesta ocasión, @s alumn@s de 3º desfrutaron da exposición "Mulleres Científicas", mentres que @s de 4º, do Museo Científico.