Estamos preparando a " II Feira do Libro", unha festa da Biblioteca na que intercambiaremos libros, teremos contacontos, un rincón de "libros doutro tempo", e moitas sorpresas.
O 18 E 19 DE XUÑO na aula de psicomotricidade de Infantil PROGRAMA
A biblioteca adquire os libros disco:
Soarán ata fin de curso antes de entrar ao cole.
¡QUE OS DISFRUTEDES!
Hoxe, ás 20´00h, preséntase na Feira do Libro de Ourense, na Alameda, o libro "Rosalía pequeniña", coa presenza da cantante Uxía.
A gran actriz Sabela Gago, compoñente do grupo ourensán "Sarabela", estivo connosco animándonos a ler, facéndonos descubrir a maxia que hai dentro dos contos.
MOITAS GRAZAS! Esta foi a súa dedicatoria no noso libro de visitas:
"Paseino moi ben con vós, tedes a maxia da escoita, a orella verde dos que saben disfrutar das historias e as palabras máxicas que abren a imaxinación. Seguide así e volverei... regresarei para que, entre todos, podamos seguir disfrutando dos contos". Sabela.
Durante a Semana das Letraas galegas ( do 13 ao 16) proxectaremos no Salón de actos curtametraxes feitas en Galiza. Moitas delas son adaptacións de libros que temos na Biblioteca.
Tamén en portugués