Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

martes, 31 de agosto de 2021

Non hai PLAMBE

 Boas a todos e todas,

Escribimos esta entrada para informar de que hoxe saíu a listaxe definitiva do PLAMBE e non foi concedido ao noso centro. Na listaxe provisional en xullo, saíron 25 centros e como miramos que outras convocatorias deron 27 fixemos unha reclamación a cegas, porque o baremo e totalmente escuro e amplo. 

Pois ben, así quedamos e temos que seguir cos fondos do centro única e exclusivamente (que non foron escasos o curso pasado) e tentaremos poder adquirir as cousas que por non estarmos no PLAMBE non podemos acceder.

Abriremos pronto con novidades e achegándonos á case nova normalidade.


Un saúdo e bo inicio do curso escolar.