Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

xoves, 28 de setembro de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

O LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA PARA O CURSO 2017/2018  É

"APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"

A biblioteca escolar do centro é un espazo no que poden pasar "COUSAS". Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe.

A biblioteca debe supor unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar";a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música, a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas, coa guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. 
A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.