Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

mércores, 20 de outubro de 2021

Samaín

 


Compartimos unhas actividades para realizar polo Samaín. Hai manualidades, contos, cancións, matemáticas divertidas, e moitas máis.







Esperamos que o gocedes!

Recurso de lectura

Compartimos un recurso creado fai tempo pola nosa compañeira a Profe Carmen Matínez. 

Tedes actividades de lectura, vocabulario, quebracabezas, etc adaptado a tres niveis de primaria e un de infantil

Infantil "A que sabe a lúa"

Primeiro Ciclo de Primaria "Os oficios de Xan"

Segundo Ciclo de Primaria "A cabana na árbore"

Terceiro ciclo de Primaria "Otto é un rinoceronte"


 https://clic.xtec.cat/projects/leolua/jclic.js/index.html


Esperemos que o gocedes.

xoves, 14 de outubro de 2021

Día das escritoras




O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

Podes ver a continuación a elección de textos




ou baixalos de aquí:


venres, 8 de outubro de 2021

Code week

Boas a todas e todos,




Escribimos este e-mail para informarvos de que nos recreos da biblio dende o día 13 de outubro ao 22 do mesmo mes, realizaremos na biblioteca debuxos en pixeles para conmemorar a CODEWEEK. A actividade a podedes ver no seguinte enlace (AQUÍ) que será xunto ao proxecto elixido no centro para traballar (a arte)
Mirade no blog cando vos toca ao voso grupo no calendario. Só tedes que baixar lápices de cores e se queredes algo duro para apoiar a folla.



Que vos divirtades!





luns, 4 de outubro de 2021

Queres ver un volcán

 Hoxe traemos unha actividade para que a gocedes.

Premedes na imaxe do volcán e baixades o debuxo, e no código QR ou nunha destas direccións de playstore https://play.google.com/store/apps/details?id=com.puteko.colarmix ou esta https://apps.apple.com/nz/app/quiver-3d-coloring-app/id650645305 de app store, baixades a aplicación Quiver do logo 

Despois podedes ver en 3D o volcán, as súas partes, etc.




A divertirse!