Busca no blog

Publicación destacada

O noso blog

luns, 21 de decembro de 2020

Boas vacacións

 Dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato queremos desexarvos unhas boas aínda que atípicas vacións.

Pero  como sabemos nunca choveu que non escampara, portádevos ben e facer as cousas ben.

Deixamos unha postal de máis de 100 anos de antigüidade e unha lecturas recomendadas.

 


 

 

 

 


luns, 14 de decembro de 2020

Adeus Le Carré

 John Le Carré, en realidade chamado David Cornwell (19 outubro do 1931 - 12 decembro do 2020) finou segundo fontes, aos 89 anos dunha neumonía.

O autor de novelas como "La Casa Ruusia"  e outras novelas de espionaxe con alto contido ético.

Foi considerado o Dickens da Guerra Fría e o fin desta xunto a caída do muro de Berlín, non lle impediron cesar no seu lei motiv.

En Ebiblio tes novelas como "El legado de los espías" e "Un hombre decente"




venres, 11 de decembro de 2020

A nena do vestido de flores

"E no seu silencio aparecía o espectro do conformismo, do famoso "é o que hai" que tanto inmobiliza o mundo."

"Aprendeu que había un método para copiar: as chuletas."

"Ás veces as cousas non son o que parecen, Dania."

"Non sei, papá, pensas que atoparemos algunha laranxa azul?"

"Xa se sabe que os nenos normais teñen outros comportamentos"

Son unhas das frases que se poden sacar do libro escrito por Manuel Fontemoura, unha persoa cercana a esta Comunidade Educativa.
A súa combinación de TEAtro leva a un coñecemento dunha situación nas que non falta a seriedade e o humor, coma un "Ying-Yang"

Parabéns por esta primeira novela.


Ao mercares este libro colaboras cunha doazón de un euro para a Asociación Limisi qu epromociona a persoas con diversidade funcional, e outro euro para o Grupo de Teatro Aneis. 

mércores, 2 de decembro de 2020

A Constitución e o Estatuto de Autonomía

 O día 6 de decembro conmemoramos á nosa Constitución Española e o noso Estatuto da Autonomía de Galicia.

Deixámosvos un vídeo que vos achegará unhas ideas da Constitución.



Tamén unha presentación sobre o Estatuto de Autonomía.




martes, 1 de decembro de 2020

Taboleiro 25N

 Este é o taboleiro no que o alumnado fixo as súas aportacións para o 25N

Agradecémosvos as vosas achegas e ogallá non houbera que celebrar esta efeméride nunca.