Busca no blog

martes, 22 de outubro de 2013

24 de outubro: "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", polo que será unha xornada de portas abertas, puidendo visitala.
Debido á convocatoria de Folga en Educación, esta xornada farase o 25, venres
                                                          ¡ACHEGÁDEVOS!




         




                    

MALETA DE PAPEL

Por xentileza da librería Kátedra, de Ourense, teremos durante un mes a "Maleta de Papel", unha maleta chea de libros para disfrutar da súa lectura. Hoxe foron repartidos entre o alumnado de 6º e 5ºA. Ao finalizar o préstamo entregaremos a nosa opinión e valoración. Tamén nos farán o 10% de desconto na compra de libros. ¡MOITAS GRAZAS!

xoves, 10 de outubro de 2013

¿QUEN CANTA Á ENTRADA?

   Neste mes de outubro, na entrada ao colexio podedes disfrutar das cancións do Libro CD "Pan de Millo", do grupo teatral Migallas. foi adquirido pola Biblioteca do colexio xunto con outras Novidades que iredes vendo na entrada da mesma.

venres, 27 de setembro de 2013

MARTES DE CINE

        Todos os MARTES NA BIBLIOTECA e durante o RECREO imos proxectar curtametraxes que seguro que vos gustarán.
         Aquí vai unha mostra: "Los fantásticos libros voladores",  unha entretida e apaixonante historia das persoas que dedican a súa vida aos libros e ás cales os libros lles devolven o favor. É unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos dunha boa lectura. A historia xira en torno ao amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é somerxerse na lectura
           Gañou unha ducia de premios en festivais de cine, incluíndo o Premio do Público no Festival de Cine de Austin, mellor curto de animación no Festival de Cine de Cinequest; e por suposto o galardón como Mellor Curtametraxe de Animación nos premios Óscar 2013