Busca no blog

martes, 13 de outubro de 2015

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe tivemos a nosa nova biblioteca aberta para que todos e todas os/as que formades parte da comunidade educativa tiverades a posibilidade de coñecela...
Foi un placer recibir a vosa visita!!!
 O novo proxector da biblioteca:

Filo...nen@s/papis/mamis
 
A distancia dos planetas ao sol:

 Cada centímetro equivale a moitísimos kilómetros!!

 Exposición de diversas edicións do "Principiño"


O novo espazo da biblioteca:
 





A zona de lecturas infantís:


Gustouvos?
A nos encantounos que viñerades!!!!!!

venres, 9 de outubro de 2015

INVESTIGAMOS O ESPAZO

O curso pasado xa empezamos a investigar o Espazo...
Convertimos a nosa aula nunha nave espacial...
Dentro da aula tiñamos: planetas, satélites, estrelas...


Mantivemos correspondencia cunha cadeliña "ESPAECIAL", chamada LAIKA
... e disfrazámosnos de astronautas:



XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes, 13 de outubro, abriremos as portas da nosa nova biblioteca para que todas as persoas relacionadas coa comunidade educativa poidades coñecela!!
Esperámosvos desde as 16:00 ás 18:30 horas.

martes, 6 de outubro de 2015

PLANETARIO

ESTA SEMANA NA NOSA BIBLIOTECA DESTACAMOS OS LIBROS RELACIONADOS CO UNIVERSO...
E NO XIMNASIO TEMOS UN PLANETARIO PARA COÑECER BEN AS ESTRELAS!!!!
TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO IMOS VER O PLANETARIO... PERO ADEMÁIS
SE QUEREDES PODEDES VIR COS PAPÁS E MAMÁS ...
O XOVES DESDE AS 16:30 ÁS 19:00 HORAS!!!
AS ESTRELAS AGÁRDANNOS NO XIMNASIO DO COLEXIO!!!

"NOVAS" NO NOVO ESPAZO DA BIBLIOTECA

Hoxe nace un novo recuncho na nosa biblioteca... A intención é que sexamos bos INVESTIGADORES... collamos a nosa lupa... e miremos dentro dos xornais...
seguro que DESCUBRIMOS cousas super interesantísimas!!!
AQUÍ PODEREMOS COMPARTIR OS NOSOS DESCUBRIMENTOS!!!!

luns, 5 de outubro de 2015

ACRÓSTICOS NA HORA DO RECREO

Hoxe, á hora do recreo, os nenos e nenas que fomos á biblioteca:
LEMOS, INVESTIGAMOS E XOGAMOS COS NOSOS NOMES...
FIXEMOS ACRÓSTICOS!!!