Busca no blog
martes, 12 de decembro de 2023
25N
Con motivo do 25N na biblioteca do CEIP "Filomena Dato" contamos un conto aos alumnos e alumnas de primeiro de primaria. O conto foi "Artur e Clementina".
domingo, 12 de novembro de 2023
SAMAÍN
Para celebrar esta efeméride os/as alumnos/ as de sexto de primaria representaron unha obra de teatro titulada "Indo para o Samaín" aos alumnos e alumnas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.
xoves, 26 de outubro de 2023
CANTEIRA DE ESCRITORES E ESCRITORAS
Nesta sección os/as alumnos/as poderán escribir os relatos que teñen na súa imaxinación.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas . O lema deste ano foi "Tecendo comunidades".
No CEIP "Filomena Dato" fixemos un concurso de slogans para animar aos nosos/as alumnos/as a ler.
Proximamente añadiremos o slogan gañador.
O equipo da biblioteca do colexio acudiu ao centro de día Shambhala, da Valenzá, para representar unha obra de teatro aos usuarios e usuarias que alí se atopaban.
mércores, 18 de outubro de 2023
BIBLIOTECA ABERTA
Este curso tivemos que acondicionar a nosa biblioteca e tardamos un pouco en abrir...
Poderedes achegarvos a partir do vindeiro luns, 23 de outubro.
O 24 de outubro, conmemoramos o día das bibliotecas escolares...
O lema para o curso 2023/2024 é:
Así que ao longo deste curso agardamos que, ademais de moitos libros, poidades ler moitísimos cómics...







