Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de maio de 2021

Persoas gañadoras do Concurso Xela Arias

Xa soubemos quenes foron as persoas gañadoras do Concurso de Xela Arias: 
- Lara de 2º B
- Brais Márquez de 3ºB
- Lucía de 6ºB

Parabéns a todas



xoves, 6 de maio de 2021

Xa temos agasallos!

 Xa temos aquí os agasallos para o Concurso sobre Xela Arias 




Non te esquezas de participar coas túas creacións.

Recorda que tes ate o martes 11 incluído para entregar as túas creacións. Entrégallas á túa persoa titora ou ao cordinador de biblioteca.


Sorte. 




martes, 20 de abril de 2021

Xela Arias

"Imos, meu ben, camiñar sereno
pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos
comeza-lo xeito da túa vida, e mírame,
mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos
dos teus días xunta min.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único."

(Darío a Diario)


Esta entrada está dirixida para a muller a que se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2021.

Unha muller que quería romper co tradicional, non xogaba con bonecas, quería ir a instituto mixto, e un coche grande (hai que ler a biografía que lle fixo Yolanda Castaño para entender isto no contexto) 

Na biblioteca adquirimos algún exemplar e nestes intres temos:

                  



Compartimos a entrevista feita en Nós Diario ao fillo de Xela Arias: Darío Gil Arias


Darío Gil Arias: "O libro nunha palabra: tenrura"

O fillo da poeta Xela Arias fala con 'Nós Diario' sobre a publicación do libro inédito 'Non te amola!'.

—Que lembra da súa nai? 
Xórdenme sempre moitos recordos de moi diferentes ámbitos cando penso na miña nai. A meirande parte deles teñen que ver coa vida cotiá, coa convivencia. Porén, tamén teño recordos das viaxes que facíamos a Formentera ou a Portugal con meu pai ou das actividades que levaba a cabo miña nai na Fundación Nautilus, relacionadas cos movementos Nunca Máis e Non á Guerra.

As lembranzas do seu labor literario son algo máis borrosas para min, aínda que si lembro vela traballar en varias traducións e incluso unha vez levoume a ver como dobraban ao galego un capítulo de Shin-Chan nun estudo en Vigo.

—Como influíu o legado literario da súa nai na súa vida? 
Pese a que non sinto ningunha inquedanza por comezar unha produción literaria propia, as particularidades da miña nai, así como as do meu pai, leváronme a ter un profundo respecto por todas aquelas persoas que crean ou promoven cultura, e singularmente cando falamos da galega.

Tamén as numerosas visitas a museos e galerías, que tiven a sorte de facer cando viaxabamos fóra da Galiza fixo que tivera inquedanzas culturais diversas, non enfocadas cara a unha única disciplina, polo que o seu legado en min é un pouco o reflexo da súa obra, a mestura de múltiples disciplinas culturais nun diálogo entre iguais.

—Que sentiu cando soubo que lle ían dedicar o Día das Letras Galegas 2021
Foi un orgullo tremendo. Aínda que esta época está irremediabelmente marcada pola pandemia e podíase pensar que iso desluciría o seu ano, o gran traballo das institucións e editoriais en tan pouco tempo, e cos condicionantes sanitarios tan restritivos, está facendo que todos os proxectos saian cara a adiante e se lembre e celebre o ano da miña nai o mellor posíbel. Toda a familia está encantada.

—Que podemos agardar deste novo libro de Xela Arias?

É algo especial publicar un inédito de modo póstumo, mais decidimos dar o paso porque ela xa o quixera publicar no seu tempo e por circunstancias externas non se deu.

Ela estaba orgullosa do seu traballo e consideraba que estaba á altura precisa para ser publicado, polo que nos permitimos de boa gana que vise a luz. É algo moi distinto aos seus outros traballos, xa non só por ser prosa, senón porque se trata de contos infantís, que pouco ten que ver coa súa temática habitual. Se houbese que resumir nunha palabra o libro, eu quedaríame con tenrura.

—Como animaría o público a que afonde no traballo de Xela Arias?

Por sorte, e grazas ao traballo de moitas persoas e editoriais, hai moita obra da miña nai dispoñíbel. Quizais a poesía non é o estilo máis popular á hora de escoller lectura, pero para todo aquel que lle queira dar unha oportunidade recomendaríalle que comezase con Darío a diario, xa que é un poemario curto, sinxelo, cunha visión diferente da maternidade e que pode servir de primeiro chanzo para familiarizarse coa obra de miña nai, e posteriormente seguir avanzando nela.

 Con todo, para todas aquelas persoas afeitas a ler poesía, coido que Tigres coma cabalos é unha obra moi valiosa xa que pon en diálogo os poemas coas fotografías, sendo toda unha pioneira no seu momento.






sábado, 9 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano conmemoramos unhas Letras Galegas atípicas...pero o Seminario Galán segue compartindo as súas actividades:
http://seminariogalan.org/
Aquí atoparás actividades interactivas axeitadas ao teu nivel.
Unha delas é este xogo elaborado no colexio San Pio X de Ourense...proba!!!
 https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
Na páxina da Primavera das Letras tamén hai información e recursos sobre Ricardo Carballo Calero:
BOA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!
MOITO ÁNIMO!!
TODO IRÁ BEN!!!

venres, 26 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano o día das Letras galegas está dedicado a Antón Fraguas!
Como todos os anos o Seminario Galán propón moitas actividades, premede na ligazón para acceder a elas.
http://seminariogalan.org/inicio/portada

mércores, 10 de maio de 2017

A RAPAZA DO CIRCO

PARA IR COÑECENDO A CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DEIXOVOS ESTE PEQUENO CONTO, ADAPTADO POR OS NENOS E NENAS DO IES ALEXANDRE BÓVEDA DE VIGO.



É UN DOS CONTOS DO LIBRO "VENTO FERIDO" DE CARLOS CASARES E QUE É O CONTO PREFERIDO DE SONIA BOLECHAS:

martes, 10 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

XA QUEDA POUCO PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS QUE ESTE ANO HOMENAXEA A MANUEL MARÍA...
PARA IR FACENDO AMBIENTE PREME NA IMAXE E ESCOITARÁS ALGÚNS POEMAS MUSICADOS DO NOSO GRAN POETA GALEGO:
SE PREMES NO 1º ENLACE PODERÁS ACCEDER Á FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DONDE ATOPARÁS MOITA INFORMACIÓN.

xoves, 17 de marzo de 2016

Liña do tempo MANUEL MARÍA

Aquí atoparás información sobre Manuel María:

Preme na imaxe
Moitas grazas a Quini, o seu autor, mestre no CEIP CONDESA DE FENOSA

luns, 7 de marzo de 2016

Día da muller

Mañá, 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER...
Qué mellor homenaxe a todas as mulleres que os versos que Manuel María compuxo pensando nelas!!
Grazas ao IES SAN PAO por este traballo de recollida:
preme na imaxe

xoves, 18 de febreiro de 2016

Letras Galegas 2016

Este ano 2016 está adicado a Manuel María, escritor galego, do que podedes escoitar, cantar e recitar moitas das súas obras.
A través da súa FUNDACIÓN MANUEL MARÍA atoparedes moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra.

 NA BIBLIOTECA TEMOS... (preme e accederás á todos os fondos que hai na biblioteca)

Como gran novidade mercamos o libro+cd "Canta o cuco", de Magín e Uxía.
Escoita e disfruta:

martes, 14 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Sara de 2ºB e membro do grupo "Queixumes dos pinos",  deunos unhas clases de "Muiñeira"





CONTACONTOS



Liña do tempo sobre a vida de Roberto Vial Bolaño. Grazas ao IES San Paio


2013, ANO DE ROBERTO VIDA BOLAÑO.
Aquí tedes enlaces para coñecer a vida e obra deste autor galego.  

ROBERTO VIDAL BOLAÑO (LIM)
(Autor: Filomena Manzano Laso, Julia Pérez Vázques e Margarita Rocafort Hermida

Roberto Vidal Bolaño
View more presentations or Upload your own.
Grazas ao IES Concepción Arenal de Ferrol por este traballo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA REAL ACADEMIA GALEGA