Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta cartel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cartel. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de outubro de 2019

LEMA 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

O lema que propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no curso 2019 2020 que ven de comezar, para as bibliotecas escolares galegas é

 "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

"Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta."
OSCAR VILLÁN                             

xoves, 28 de setembro de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

O LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA PARA O CURSO 2017/2018  É

"APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"

A biblioteca escolar do centro é un espazo no que poden pasar "COUSAS". Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe.

A biblioteca debe supor unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar";a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música, a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas, coa guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. 
A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

luns, 8 de setembro de 2014

NOVO CURSO, NOVAS LECTURAS!



Comeza o curso 2014/15 e a biblioteca agrada por vós! O cartel deste ano ten como lema:
          BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!!!!!!!
Imos tolear, xogar e aprender cos números