Adicamos o que nos queda de mes ao autorretrato, unha actividade dentro do proxecto deste ano escollido no claustro "A arte". Aquí en Galicia e España existe o autorretrato, e nos países anglófonos chámanlle selfie.
Diversos autorretratos:
Titorial:
Actividades:
1) Colle unha foto do rapaz ou da rapaza (do rostro) e córtaa pola metade, e que debuxe a outra "faciana".
Os voluntarios reciben unhas cartas nas que se lles convoca a unha reunión
o martes 27 de xaneiro. Serán os responsables de organizar o "I
CASTING" de actores e actrices entre os membros dos grupos de teatro do
colexio, dentro do proxecto "5 e...acción".
Os voluntarios e voluntarias da Biblioteca Escolar comezaron a desenvolver este proxecto"5 e...acción "
no mes de xaneiro. A idea foi promover un casting pola productora
"Claqueta Coqueta", do director, produtor e actor Rubén Riós, para todo o
alumnado que asiste a clases extraescolares de teatro, tanto no grupo
da ANPA coma o do Concello.
Celebramos
a primeira reunión: explicamos o proxecto, visionamos o Making of da
curtametraxe "Coser e cantar" da produtora "Claqueta Coqueta", e
investigamos sobre tres conceptos: "casting", "Rubén Riós" e "produtora
Claqueta Coqueta"
Que sabes de Rubén Riós?
A segunda reunión celébrase o 3 de febrero, Elaboramos entre todos o cartel de presentación:
E este foi o resultado
E... as presentacións aos grupos de teatro levouse a cabo os días 10 e 19 de febreiro. Aquí tedes un resumo:
O 27, venres, contaremos coa visita de Rubén e temos que preparar a presentación ante todos os compañeiros.
O 27 de febreiro Rubén Riós visita o colexio e falamos da "vida" e do cine. Vimos a curtametraxe "Adeus Edrada?", pola que lle concederon o premio Mestre Mateo como director. Esta actividade forma parte do proxecto "5 E... ACCIÓN", que terá como remate a posta en práctica do "I CASTING" de actores e actrices dos grupos
Presentamos unha proposta para conmemorar o 30 de xaneiro, "Día da Paz e Non Violencia". Xuntamos a Paz e as Matemáticas e aparece este xogo de preguntas que deberás ir respostando nunha folla. Ata o 29 podes entregala na Biblioteca e o 30 diremos quenes foron os que superaron todas as probas.
NON vos esquezades que podedes consultar, investigar e curiosear na Biblioteca e na aula de Informática