Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de febreiro de 2026

ENTROIDO

PARA O ENTROIDO DO COLEXIO SEGUIMOS O PROXECTO DA BIBLIOTECA, RELACIONADO COA MAXIA DE HARRY POTTER!

VÍDEO FOTOS WEB DO COLE

DURANTE TODA A SEMANA SEGUIMOS OS MANDATOS DO MECO:

E O VENRES FOI O GRAN DESFILE CON CURUXAS CARTEIRAS, TRENS, ANDÉNS 9 E 3/4, SNITCHS DOURADAS, MESTRES, MESTRAS E ALUMNOS DE HOGWARTS...





xoves, 17 de febreiro de 2022

Xa está o Entroido

Xa veu o Entroido este ano! e con el as ordes do meco de parto de EDLG.
Animádevos a participar!



domingo, 7 de febreiro de 2021

Meco Entroido

O Entroido vai chegar, aínda que de maneira diferente e non o podamos gozar.

Para eso istas son as ordes que propuxeron dende o EDLG:








luns, 29 de xaneiro de 2018

Xoves de comadres e compadres


Xa se achega o entroido...
Durante o recreo, faremos mecas e mecos para celebrar o xoves de compadres e comadres.
O proceso e este:






Se queres ir adiantando traballo fíxate no que tes que facer:
  Enrrolla catro follas de papel de periódico ao longo. Será o eixe do corpo
 Enrrolla tres follas á metade e ao ancho. Serán os brazos
 Dobla segundo o debuxo
 Pega con cinta adhesiva unha parte coa outra
 Xa temos o armazón
 Faremos a cabeza cun cuarto de folio branco. Píntalle a cara ou recorta algún personaxe dunha revista.

Decora a boneca ou boneco ao teu gusto, con cores chamativoa e...
A DISFRUTAR DO XOVES!!!

domingo, 14 de febreiro de 2016

Disfrazámonos de contos clásicos

Nestre Entroido 2016, o centro decidiu escoller como tema "Contos Clásicos". A biblioteca está a facer unha selección dos libros, dvd e todo aquel material relacionado cos mesmos.




DONLIBRO xa está preparado      
         
























Os contos escollidos foron:

Educación Infantil: "Carapuchiña vermella"
1º: "Aladino e a lámpada marabillosa"
2º: "Pinocho"
3º: "Alicia no país das marabillas"                   ( preme nos títulos e verás os contos)
4º: "Brancaneves e os 7 enanitos"
5º: "Alibabá e os 40 ladróns"
6º; "O gato con botas"
                                            CONTOS CLÁSICOS (preme)




QUERES COÑECER AOS SEUS AUTORES?

Charles Perrault  Andersen

 Hermanos Grimm Oscar Wilde

 Horacio Quiroga  Alejandro Dumas, pai

 Charles Dickens   Geoffrey Chaucer

xoves, 6 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

Neste Entroido 2014 o colexio disfrázase de Historia. As distintas etapas irán representadas polos ciclos, dende Infantil ata Primaria. A biblioteca quere axudar a buscar información sobre as costumes, vestidos e todo aquilo propio de cada época. Podedes consultar a colección "Érase una vez... la Historia"




Podedes consultar este precioso libro os que vos disfracedes da prehistoria

http://cdn.tiendanube.com/stores/056/134/products/ZR-Bestiario-de-la-prehistoria__1_-1024-1024.gif
Páxina moi interesante elaborada polo CRA DE MONTERREY

mércores, 6 de febreiro de 2013

O ENTROIDO

   A biblioteca tamén quere disfrutar desta festa. Na entrada, o noso bilbiotecario, o "peliqueiro", que nos convida a facer máscaras típicas.

Noelia Costa, de 6ºA é a "Peliqueira" de Laza

                                                 
    


Patricia, de 4ºC tamén nos deixou para o noso "museo do entroido" o traxe de Pantalla, típico de Xinzo de Limia




Peliqueiro, de Laza.
                                               Ainara trouxo a súa máscara de Cigarrón, de Verín




Hugo de 1ºB vestiuse para os seus compañeiros. No vídeo seguinte, o seu tío, Luis, explicounos a historia das Pantallas de Xinzo de Limia




¿QUERES SABER MÁIS SOBRE O ENTROIDO?

Facendo máscaras e Marcapáxinas: