Hoxe, tivemos a visita ao noso centro do Polo Pepe, que veu agradecernos que lle coidemos os seis ovos e leunos un conto ao alumnado de 4° de infantil.
Busca no blog
mércores, 12 de abril de 2023
luns, 20 de xuño de 2022
Polo Pepe
mércores, 4 de maio de 2022
Contacontos
Quería con esta entrada facer un agradecemento ás nosas compañeiras titoras de 1º Cris e Aurea, que realizaron un contacontos "Pilú Pilú" para o alumnado, non só dos seus cursos, senón tamén para o alumnado de infantil.
Despois de rir un pouco co paxaro que andaba nos dentes do crocodrilo, deixamos unhas fotiñas.
xoves, 28 de abril de 2022
Lecturas para adultos
Realizamos unhas pequenas compriñas para actualizar a nosa biblioteca para adultos. Os proxenitores poderán ter (ben por mochila viaxeira ou por solicitude) algúns libros.
Que vos parecen?
nota: a friameira morada non forma parte do kit.
mércores, 20 de outubro de 2021
Recurso de lectura
Compartimos un recurso creado fai tempo pola nosa compañeira a Profe Carmen Matínez.
Tedes actividades de lectura, vocabulario, quebracabezas, etc adaptado a tres niveis de primaria e un de infantil
Infantil "A que sabe a lúa"
Primeiro Ciclo de Primaria "Os oficios de Xan"
Segundo Ciclo de Primaria "A cabana na árbore"
Terceiro ciclo de Primaria "Otto é un rinoceronte"
https://clic.xtec.cat/projects/leolua/jclic.js/index.html
Esperemos que o gocedes.
sábado, 10 de xullo de 2021
Conto colaborativo
Sentimos a demora na publicación do libro colaborativo deste ano co motivo do Día do Libro, pero o tema extendeuse ate o final deste curso.
Mais merecen estes rapaces e rapazas unha publicación do seu labor e convidamos a que premades na imaxe para acceder ao libro
https://read.bookcreator.com/lb5UgQ4bdHMfnTaP5WtnhKaeXPh2/0ESJTYtvT52LtmlL7hJGfw
Grazas a todo o mundo!
Despois de lelo fágome dúas preguntas:
1) Que pedirían de desexo estas personaxes?
2) Ti que pedirías ao rematares o Camiño de Santiago?
sábado, 20 de febreiro de 2021
21 F Día da lingua materna
Co motivo do Día da Lingua Materna, dende a biblioteca do CEIP Filomena Dato preparámosvos unha exposición virtual do Principiño en Diversos idiomas. Non nos chega aos 250 nos que está traducido, pero veredes que quedan poucos.
Esta actividade que esperamos que gocedes, extenderémola en cursos vindeiros a audios nos diversos idiomas.
Segue o noso blog para estar á última das actualizacións e déixanos comentarios.
luns, 1 de febreiro de 2021
Libro da Paz 2021
mércores, 21 de outubro de 2020
Audiocuento el monstruo de colores
Realicei un audioconto en Soundcloud (en castelán) sobre "El monstruo de colores" de Anna Llenas.
Espero que o gocedes.
Déixovos tamén unha ficha para unir o monstruo de cor e a súa emoción co seu picto de Arasaac e o nome da emoción.
liveworksheets.com
martes, 13 de maio de 2014
E TI... POR QUE LES?
martes, 19 de novembro de 2013
LECTURA DE OUTONO



.jpg)
.jpg)





