Busca no blog

Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de maio de 2023

Adeus a Antonio Gala


 Deixounos o domingo Antonio Gala aos seus 92 anos de idade.

Nado en Cidade Real finou en Córdoba, onde tiña a súa vivenda e Asociación. 

Facemos esta entrada cun poema

Ella
Bebió en tu boca el tiempo enamorado
y la cuajó con besos de paloma.
Casto tu cuello, sobre el oro asoma
tan sólo por el oro acariciado.
Lunado el pelo, el corazón lunado,
rubor apenas por el aire aroma.
Amapola ritual tu torso toma
y te aparta del mar verde azulado.
Tu mirada de miel, marisma ardiente,
la luz antigua con las luces nuevas
-recién despierta y ya cansada- alía.
Te duele la victoria, y dócilmente
a cuestas tu destino de amor llevas,
delicada y sangrienta vida mía. 


Imaxe de:
https://www.fundacionantoniogala.org/

domingo, 6 de novembro de 2022

Teatro a Biblioteca Embruxada

 Para o evento do Samaín contamos con máis dunha ducia dos nosos rapaces e das nosas rapazas que nos representaron unha obra de teatro "A biblioteca embruxada" na nosa biblioteca

Non podemos compartir con vós o ben que o fixeron, pero si unhas fotos da actuación.



luns, 21 de marzo de 2022

27 de marzo Día do teatro

O días mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo cada ano.

Foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961.

O seu obxectivo principal ñe dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.




luns, 31 de xaneiro de 2022

Visita de Sabela Gago

 Hoxe tivemos, grazas á mediación da nosa compañeira de biblioteca Cris, a visita de Sabela Gago ao centro cunha representación moi particular, na que non escaseou de nada: narración, música, baile, viaxes...

Presentámosvos unha fotiños da súa actuación na que os cursos de primeiro e segundo gozaron, brincaron e cantaron.




mércores, 26 de marzo de 2014

DÍA DO TEATRO, 27 de marzo

27 de marzo, DÍA DO TEATRO 

Durante a semana do 24 ao 28 de marzo podes participar na actividade:
"SOMOS UNS TEATREIROS", preparando unha pequena peza teatral e representandoa no Salón de actos e durante o recreo. Podremos utilizar o Kamishibai ou o teatro de guiñol.
 Xogamos a inventar "historias encadeadas" co teatro de Títeres
KAMISHIBAI
" O gato con botas"
"O soldadiño de chumbo"
E uns alumnos de 5º curso escribiron e actuaron na peza teatral "Os accidentes"


mércores, 5 de febreiro de 2014

"Sandra e Meirol en Xistralia"

Este mércores disfrutamos e participamos no Auditorio dunha bonita peza músico-teatral. Algúns compañeiros e profe subiron ao escenario e axudaron ao capitán Centoulo a liberar a Sandra do feroz dragón...




xoves, 30 de xaneiro de 2014

LECTURAS SOBRE A PAZ

APERTAS POLA PAZ: Neste enlace podedes consultar os libros que tratan sobre a paz. En TEMA escribe a palabra PAZ

PAZ 

Estamos preparando a obra de teatro "A lección máis solidaria": nunha escola coma calquera hai unha mestra e sete alumnos, e anque todos son diferentes tamén son iguais, coas mesmas preocupacións e intereses.




Primeiro facemos unha lectura teatralizada e logo repartimos os papeis.



mércores, 17 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

  O resultado final

  Elaboramos unha exposición sobre a actividade "O MEU LIBRO FAVORITO", e aproveitando os marcapáxinas que a Consellería nos enviou, todos aqueles que entreguen esta folla co título e portada do seu libro favorito, real ou imaxinario, levarán un de agasallo.











E CHEGOU O 23 DE ABRIL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

Este é o programa coas obras que o alumnado de primaria preparou e que serán presentadas na semana que conmemmora o "DÍA MUNDIAL DO LIBRO"





 
 OBRAS EN GALEGO QUE SE PODEN DESCARGAR 

¿QUERES FACER MARIONETAS?