Case rematamos o curso... e os voluntarios traballaron moitísimo na biblioteca...
Esperamos que tamén disfrutarades xuntos con todos os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º da visita ás instalacións de "La Molinera"
Lembrade visitar a páxina de La Molinera a partir do 10 de xuño para podervos inscribir nos campamentos:
O actor, produtor e sobre todo, boa persona, Rubén Riós, presentou no colexio a curtametraxe "Coser e cantar", a historia da Sr. Elena, raíña do Entroido de Verín.
cos voluntarios e usuarios da biblioteca
explicounos moitas cousas de como se fai unha película
respostou a todas as nosas inquedanzas
recibiu como agasallo o libro sobre Filomena Dato e
asinou no libro de visitas do colexio
Este xoves estivo conosco o ilustrador XOSÉ TOMÁS. Aprendimos moitas cousas e contounos algún segredo de como debuxar mellor. Tamén aprendimos unha nova palabra: "Banda deseñada"
Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron dos contos de Olalla e Mark, escritora e ilustrador do conto "Garavanciño". Tamén nos presentaron a "Artur" e "A verdadera historia de carapuchina vermella". Coa maestría que os caracteriza fixéronnos rir, sorprendernos, xogar... e REGALÁRONNOS AS LÁMINAS dos debuxos!!!!
O día 14 fumos a coñecer o IES Ferro Couselo e pasámolo moi ben. O alumnado do clube de lectura tivo unha idea moi boa conosco e apadriñáronnos , deixáronnos libros e agora temos que charlar con eles sobre o libro. Esperamos velos na casa de cultura en decembro.
Neste enlace podemos ver a actividade
O columnista do periódico "La Región" conversou cos alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Primaria sobre a importancia da lectura para saber escribir. foron moitas as preguntas que lles fixeron e atenderon con atención ás anécdotas que lles contou. Visita o seu blog: http://barricobosmolgas.blogspot.com/2011/03/concerto-de-grilos-concierto-de-grillos.html